O FUTURO DAS LONXAS GALEGAS É DIXITAL

Confraría de Pescadores La Pastoriza de Vilanova Confraría de Pescadores La Pastoriza de Vilanova
G080

Vilanova

Horarios da lonxa:

  • Luns a venres de 09:00h ata finalizar poxa.
  • Poxa: 15:00h

Horarios da cofradia:

  • De 09:00h a 14:00h
Poxa presencial

A Confraría de Pescadores “A Pastoriza” de Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra, é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que ten encomendadas.

Actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector, de acordo cos principios de respecto á legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

No ano 1978 fúndase coa finalidade de organizar a actividade marítimo-pesqueira e marisqueira na zona. A súa localización inicial foi na igrexa da Pastoriza, en Vilanova de Arousa.

Debido á magnitude da actividade, xorde a necesidade de crear unha sede permanente, que se establece definitivamente na Praza do Parque.

O noso compromiso actual xira arredor dunha serie de valores como a transparencia e a comunicación, a sustentabilidade, así como a formación e a mellora continua do sector.

Explanda Pto. Pesq. - Lonxa, 36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Tlf. 986554113
cofradia@cofradiavilanova.org

Quero ver outras lonxas

Back to top