Río Anllóns
Horarios da lonxa:
- De 09:00h a 13:00h
Horarios da confraría:
- De 09:00h a 13:00h
A Agrupación de mariscadoras do esteiro do río Anllóns é unha entidade sen animo de lucro constituída no ano 1989 que ten como fin a organización dos profesionais, principalmente mulleres dos concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños, para o exercicio do marisqueo a pé. Está constituída por trinta socios dos cales vinte e tres son mulleres.
Outras función da agrupación son o establecemento de relación con organizacións que perseguen fins similares, intervir nos problemas que afectan ás mariscadoras propoñendo ás distintas administracións e confrarías cantas medidas se consideren necesarias para facilitar o desenvolvemento do sector na defensa dos intereses das socias, promover a organización das mariscadoras, respectando e facendo respectar a normativa legal vixente, fomentar e crear todas as estructuras necesarias para acadar os fins anteriores e actuar como órgano de consulta e colaboración coas administracións na defensa e promoción das profesionais.
Quero ver outras lonxas