Camelle
Horarios da lonxa:
Horarios da cofradia:
- De 09:00h a 15:00h de luns a venres
A Confraría de Pescadores de Camelle, no concello de Camariñas, é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro que actúa como órgano de consulta e colaboración coa administración na promoción do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, e representa os intereses dos profesionais do sector na zona.
Fundada en 1936, o seu ámbito territorial abrangue dende a Punta Morelo ata a Punta Gallada, cunha extensión de máis de 30 quilómetros de costa. De toda a riqueza contida neste litoral, e da que obteñen sustento os traballadores do mar, o percebe é o recurso máis emblemático, arredor do cal xira gran parte da actividade da confraría.
Como canle de contacto entre os poderes públicos e o sector pesqueiro, a confraría leva a cabo unha labor de supervisión e orientación dos seus membros segundo a normativa vixente en materia pesqueira, asegurando o seu cumprimento dende a extracción dos recursos ata o momento da venda, así como unha remisión continua de datos biolóxicos, económicos e sociais ás administracións públicas.
Rúa Peirao nº 29 Camelle (Camariñas), 15121 Camariñas (A Coruña) Tlf. 981710106 cpcamelle@hotmail.com
Quero ver outras lonxas