O FUTURO DAS LONXAS GALEGAS É DIXITAL

Confraría de Pescadores de Ribadeo Confraría de Pescadores de Ribadeo
A010

Ribadeo

Horarios da lonxa:

  • De 09:00h a 16:30h

Horarios da cofradia:

  • De 09:00h a 14:00h
Poxa presencial

A Confraría de Pescadores de Ribadeo foi fundada o 18 de decembro de 1939 por Don Justo Barreiro Martínez, escritor, avogado e gran benefactor do pobo, quen sempre mostrou un especial cariño e compromiso cos pescadores e as súas familias.

Inicialmente coñecida como o Pósito de Ribadeo ou simplemente O Pósito, a entidade naceu como resposta ás peticións dos mariñeiros da vila. Así, a Dirección Xeral de Pesca, facéndose eco destas demandas, autorizou a creación do PÓSITO MARÍTIMO DE PESCADORES DE RIBADEO, que comezou con 40 socios e que pasaron a ser 80 en poucos meses.

Os fundadores da entidade tiñan moi claro o que querían e a Confraría non só se dedicou á representación e á comercialización dos produtos pesqueiros, senón que tamén desempeñou un papel fundamental no ámbito social e cultural da comunidade, co que eso significaba naquela época.

Así, creáronse tres seccións principais:

Sección Cultural coa creación da Escola de Pesca, destinada principalmente a formar aos fillos dos socios, brindándolles a formación e titulacións oficiais necesarias para poder desenvolver a súa actividade profesional.

Sección de Socorros Mutuos que contaba cun médico para atender a socios e familiares ademáis dun servizo de farmacia. Ofrecía dietas diarias para os pacientes e un seguro por morte. Preocupaba o benestar de toda a comunidade pesqueira moi especialmente as mulleres viuvas e os seus fillos.

Sección de Venda de Produtos da Pesca, dotouse dun local con oficinas e nave de vendas, proporcionando todo o necesario para a subasta do peixe fresco e garantindo a comercialización dos produtos en óptimas condicións.

O 17 de marzo de 2004 acordouse a fusión entre a Confraría de Pescadores de Ribadeo e a de Rinlo, dando lugar á actual Confraría de Pescadores de Ribadeo, cuxa área de actuación abrangue dende a desembocadura do río Eo ata Punta Promontoiro. Coa actualización dos seus estatutos a entidade adoptou a súa denominación definitiva de Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo, en honor á patroa da vila.

Hoxe en día, malia os desafíos que afronta o sector, a Confraría continúa a ofrecer unha ampla gama de servizos, que inclúen a venda en lonxa, a representación e o asesoramento aos socios, así como o apoio e a colaboración dos nosos técnicos coa administración para garantir a calidade sanitaria dos nosos produtos e da zona de traballo.

Peirao de Porcillán, s/n, 27700 Ribadeo (Lugo)
Tlf. 982128039
cofradia@cofradiaribadeo.org

Quero ver outras lonxas

Back to top