Cambados
Horarios da lonxa:
- De 09:00h a 20:00h luns
- De 07:00h a 20:00h de martes a venres
Horarios da confraría:
- Horario de inverno: de luns a venres de 8:30h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h
- Horario de verán: de 8:00h a 15:00h
A lonxa de Cambados, tamén chamada Lonxa de Tragove, é o mercado de venda e subasta de peixe e marisco que se sitúa no porto pesqueiro de Tragove, no municipio de Cambados (Pontevedra, Galicia). Nesta lonxa, cada día os mariñeiros, mariscadores e mariscadoras traen as capturas frescas da ría para ser subastadas e comercializadas.
É unha das lonxas máis importantes de Galicia, tanto polo volume de produto comercializado como polo seu impacto económico no sector marítimo-pesqueiro.
Comercialízáronse máis de 1.000.000 kg de peixe e marisco no ano 2025, cun valor de máis de 7 millóns de euros.
No ano 2024, 1.000.000 kg de peixe e marisco, cun valor de máis de 6 ,3 millóns de euros.
E, no ano 2023, 1.000.000 kg de peixe e marisco, cun valor de máis de 7,4 millóns de euros.
É líder na venda de volandeira fresca, representando arredor do 75 % das vendas deste produto na comunidade galega.
A Lonxa de Cambados é un punto neurálxico do sector pesqueiro galego, relevante pola súa actividade comercial, polo apoio ao sector marítimo e pola súa contribución á economía e gastronomía local. A súa recente renovación demostra o compromiso por manter estas tradicións vivas e adaptalas aos tempos modernos.
Quero ver outras lonxas