Porto do Son
Horarios da lonxa:
- de 12:00h a 19:30h
Horarios da cofradia:
- de 8:00h a 15:00h
A Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e que, ao mesmo tempo, actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de respecto á legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores de San Telmo de Porto do Son conta cunha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Rúa Muelle s/n, 15970 Porto do Son (A Coruña) Tlf. 981767321
Quero ver outras lonxas