O FUTURO DAS LONXAS GALEGAS É DIXITAL

Confraría de Pescadores de Pobra do Caramiñal Confraría de Pescadores de Pobra do Caramiñal
G030

Pobra do Caramiñal

Horarios da lonxa:

  • Subasta presencial entre as 14:30h y 15:00h

Horarios da cofradia:

  • Subasta presencial entre las 14:30h y 15:00h
Poxa presencial

Historia

A Pobra do Caramiñal foi sempre un pobo ligado ao mar. Nos nosos arquivos xa figuran datas desde o ano 1924 de agrupacións de mariñeiros, que aínda non se dedicaban ao marisqueo.

Foi a finais dos anos 40 coa presenza incipiente de pequenos fabricantes de conservas, que por aquela época empezaban a envasar berberecho ao natural e outros bivalvos como ameixas e mexillóns. Isto deu lugar a que moitos mariñeiros orientasen a súa actividade cara á extracción destas especies, aínda que de maneira moi caótica, chegando incluso a esquilmar as praias. Os prezos durante estes anos eran moi baixos.

Nesta época os mariñeiros agrupáronse formando o que sería a Confraría Sindical de Pescadores do Caramiñal.

Todo isto cambiou entre os anos 1972 e 1974, cando a Dirección Xeral de Pesca Marítima concedeu as autorizacións marisqueiras que existen na actualidade para delimitar as zonas e evitar conflitos con outras confrarías limítrofes.

Naquela época o sector estaba supervisado polas Axudantías de Marina, o sector non estaba profesionalizado e calquera persoa cría ter dereito a ir á praia a mariscar.

Na década dos 80, coa entrada das autonomías, a Xunta de Galicia empezou a tutelar as confrarías, expedindo os primeiros carnés de mariscador. Os mariscadores compaxinaban o traballo na praia coa actividade agraria, sobre todo nos meses de descanso das praias, normalmente de xaneiro a maio.

Na actualidade, o sector está completamente profesionalizado, e planifican os días de traballo para todo o ano, sendo o marisqueo o seu medio fundamental de vida.

Concesións administrativas

As concesións administrativas da confraría abarcan desde Punta Peralto en Escarabote ata Punta Galduario en A Pobra, e comprenden os seguintes bancos marisqueiros:

Banco do Areal

Banco de Raposiños

Banco de Ribeiriña – Merced

Estes bancos están explotados tanto por mariscadores a flote con vara, como por mariscadores a pé e mergulladores.

Sectores

Na nosa confraría hai fundamentalmente tres sectores que conforman o 99% da facturación:

Agrupación de mariscadores a flote: formada por 60 embarcacións que compaxinan o marisqueo con vara con outras artes, como nasas ou redes.

Agrupación de mariscadores a pé: formada por 73 persoas.

Agrupación de mergulladores: composta por 12 embarcacións con 23 persoas.

Estas agrupacións teñen unhas directrices que deciden, asesoradas pola asistencia técnica, os días de traballo, os cupos de extracción e os bancos marisqueiros nos que traballarán cada mes.

Especies

As especies que se extraen son maioritariamente:

Ameixa xaponesa

Navalla

Ameixa fina

En menor medida captúrase tamén carneiro, reli e ameixa rubia. Noutra época tamén tiveron protagonismo a ameixa babosa (hoxe desaparecida) e, ultimamente, o berberecho, que estivo infectado por un parásito (Marteilia), aínda que parece que empeza a recuperarse.

Lonxa e vendas

Non sempre o marisco se poxaba na lonxa; ao principio viñan a compralo a pé de praia.
Máis tarde, o concello cedeu un espazo na praza de abastos, onde o subastador cantaba de viva voz os prezos ata que alguén paraba.

Foi a partir do ano 2002 cando no peirao comercial se constrúe a Lonxa, que actualmente rexentamos. Alí expóñense as especies para a súa poxa co “sistema de prezo á baixa”, xa con medios informáticos e cumprindo todos os requisitos sanitarios esixidos pola lei para a súa trazabilidade.

MUELLE COMERCIAL, 15940 Pobra do Caramiñal (A) (A Coruña)
Tlf. 981830107

Quero ver outras lonxas

Back to top