Camariñas
Horarios da lonxa:
- Subasta según entrada de barcos.
- Subasta de pulpo venres ás 11:00h.
Horarios da cofradia:
- De 9:00h a 14:00h
A Confraría de Pescadores “Virxe do Monte” de Camariñas é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e que, ao mesmo tempo, actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de respecto á legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores “Virxe do Monte” de Camariñas conta cunha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Puerto pesquero s/n, 15123 Camariñas (A Coruña) Tlf. 981736130
Quero ver outras lonxas