Redondela
Horarios da lonxa:
- Poxa na lonxa de marisco de Vigo as 15:45h de luns a xoves
Horarios da confraría:
- De 08:00h a 14:30h
A Confraría de Pescadores "San Xoán de Redondela" é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e, á vez, actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores "San Xoán de Redondela" ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Na actualidade agrupa embarcacións e profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas da Enseada de San Simón (Rede Natura 2000) e no caladoiro cantábrico e noroeste, con artes e métodos artesanais para a extracción de cefalópodos, peixes e mariscos.
As empresas e traballadores asociados descargan as súas capturas e realizan a primeira venda na lonxa de Cesantes e nas lonxas do porto de Vigo.
Quero ver outras lonxas