FLEXIBILIZACIÓN 2021 PARA CUMPRIMENTO DO REQUISITO DE ACTIVIDADE EXTRACTIVA NA RENOVACIÓN DE HABILITACIÓNS
A DXDP publica unha resolución que modifica o requisito de actividade extractiva suficiente (notas de venda) nos plans de xestión para a renovación das habilitacións para o exercicio do marisqueo.
O período comprendido entre o 01 de xaneiro e o 31 de maio de 2021 excluirase do cómputo para demostrar actividade extractiva suficiente nos plans en 2021.