No período comprendido entre os días 3 e 7 de febreiro do 2025, foi executado o proxecto “Instalación dun equipo de enerxía fotovoltaica na Confraría de Mugardos” (concedido o pasado 27 de xuño do 2024).
Neste proxecto foi instalado un equipamento de 17 paneis solares no teito da confraría, mediante o cal a entidade poderá obter parte da súa propia enerxía. Isto contribuirá a reducir considerablemente gasto en consumo enerxético da mesma, así coma a unha menor emisión de gases de efecto invernadoiro mediante a obtención de enerxía a partir dunha fonte renovable.
Este proxecto tivo un custo total de 16.894,02 € (IVE incluído) dos cales 12.455,10 foron financiados conxuntamente polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), e pola Comunidade Autónoma de Galicia, nun 70 e 30 %, respectivamente.

