O pasado 27 de maio levouse a cabo a execución do proxecto “Rexeneración da enseada de O Baño mediante o reforzo de zonas de especial interese para a cría de ameixa babosa” mediante o cal foron sementados un total de 580.000 xuvenís de ameixa babosa nun área de 9700 m2 ubicada na Praia de A Bestarruza. Previamente foi realizada unha remoción do terreo para mellorar a osixenación do substrato e facilitar o enterramento dos individuos.
Con este proxecto preténdese levar a cabo unha mellora da poboación da especie mediante o reforzo da zona de especia interese que é a Praia de A Bestarruza, a cal conta cunhas características de substrato e renovación de auga idóneas para o establecemento e crecemento da especie.
Este proxecto, ubicado ao abeiro da liña de subvencións “Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables” (procedemento PE209B) tivo un orzamento de 10790 €, que foron financiados de forma conxunta polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) nun 70% e por fondos da Comunidade Autónoma de Galicia nun 30%.