O pasado 30 de xuño rematou o proxecto “Proxecto para a conservación e restauración dos recursos mariños vivos e os ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2025-2026” mediante o cal a nosa entidade levou a cabo a contratación dun guardapescas e dunha asistencia técnica.
Ao longo do periodo de execución do proxecto (que abarcou dende o 1 de xullo do 2025 ata o 30 de xuño do 2026), o gardapesca mariño procedeu á expulsión dun total de 42 persoas que mariscaban de xeito ilegal na zona de autorización de confraría, abriu un parte de denuncia e devolveu ao mar un total de 42,200 Kg de ameixa incautada. Tamén colaborou co persoal de Gardacostas noutras tarefas de control de furtivismo dentro da ría.
Por outra parte, a asistencia técnica realizou as mostraxes semestrais de control dos bancos de marisqueo a pé, mostraxes de control de sementeira, controis de talla en lonxa, rexistro de datos oceanográficos, mostraxes de zamburiña a flote e solénidos nos plans de xestión conxunta nos que participa a entidade e a planificación, presentación e execución de proxectos de mellora e coidado dos bancos.
O proxecto tivo un orzamento total de 74.616,81 €, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura en un 30% pola Comunidade Autónoma de Galicia.