Proxectos
A Consellería do Mar aprobou a CONCESIÓN dunha axuda de 26.218€ dentro do proxecto colectivo elaborado por esta confraría no marco da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais de axudas para proxectos de modernización de infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo. e da calidade e do control da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca.
Dita axuda está cofinanciada polo FEMP: Prioridade 1: ; O.E. 1.d). Fomento da competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo; MEDIDA 1.4.9: Portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros
75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.
No marco do proxecto, que ten coma finalidade a mellora da seguridade e das condicións de traballo, aqduÍrense 1 CARRETILLA ELEVADORA e 1 TRANSPALETA
A Deputación de Pontevedra publicou no BOPPO número 66 do 09/04/2020 as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, á Federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia. Esta Confraría de Baiona solicitou a través dun proxecto axudas para realizar investimentos para mellorar os servizos prestados ás persoas asociadas (servizo de vixilncia, lonxa e outros).
A Confraría de Baiona recibirá para esta finalidade un total de 7.595,96 €, que supón un 80% do orzamento do proxecto solicitado.
A Consellería de Mar resolveu, con data do 19 de agosto de 2020, conceder a esta entidade unha axuda de 121.814 €, financiada polo FEMP nun 75%, aprobando deste xeito o proxecto colectivo presentado pola confraría de Baiona. Dito proxecto propón medidas para protexer e recuperar a biodiversidade mariña mellorando a xestión e conservación dos recursos mariños e os ecosistemas, e ten un período de vixencia de 12 meses (de xullo de 2020 a xuño de 2021).
DIVULGACIÓN DO PROXECTO DO PROXECTO COLECTIVO, FINANCIADO POLO FEMP, PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA A TRAVÉS DA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS. ESTA DIVULGACIÓN WEB SUBSTITÚE Á XORNADA INFORMATIVA PROGRAMADA, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA E AS OBRIGADAS RESTRICIÓNS SOCIAIS.