Novas

A Confraría de Pescadores “San Xosé” de Cangas recibirá 14.674,41 € para investimentos e 7.975,00 € para gastos de persoal, dentro da convocatoria de subvencións 2025 da Deputación de Pontevedra.

Os fondos destinaranse a:

  • Instalar un novo motor de 130 CV na embarcación de vixilancia Navalleira.

  • Renovar equipos informáticos e de pesada na lonxa.

  • Mercar corpos de estadas para o servizo de varada de embarcacións.

  • Desenvolver estudos e iniciativas para mellorar a venda de produtos pesqueiros con baixa demanda.

Co apoio recibido, a confraría reforza a súa capacidade operativa e aposta por novas vías de comercialización.