Socios

Socios

 

Poden ser membros da confraría todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se asocien, sempre que desenvolvan habitualmente unha actividade extractiva pesqueira, marisqueira ou de produción acuícola e se atopen en posesión do correspondente título administrativo que as habilite para o exercicio da actividade.

A Confraría conta con socios, tanto traballadores como empresarios, que desenvolven a súa actividade nos distintos sectores produtivos da pesca e do marisqueo. En todos os casos, trátase de pesca artesanal realizada por embarcacións de pequeno porte, a escasas millas da costa e que descargan as súas capturas o mesmo día de pesca.

De igual xeito, tamén conta con afiliados dos colectivos de traballadores ou empresarios do sector de cultivos mariños, bateas de mexillón.

Os principais sectores produtivos aos que pertencen os socios da Confraría, segundo as cifras de cada sector de produción, son a pesca con artes menores ( redes de enmalle, nasas e anzol), recursos específicos (navalla, percebe, ourizo, algas...), marisqueo a flote e a pé, outros (cultivos mariños) e cerco.

Faite socio

 


Se tes unha embarcación de pesca, marisqueo ou acuicultura, como armador ou propietario desta, ou estás enrolado nalgún buque pertencente a estes sectores, sempre que teñan porto base en Cangas ou teñan intención de facelo os seus responsables, podes facerte socio poñéndote en contacto con nos.

Se aínda non sabes como, pero estás interesado en mercar unha embarcación de pesca profesional e/ou vivir da actividade extractiva no mar, ou participar en actividades de cultivos mariños, fala connosco e axudarémosche.