Proxectos
De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Xestión dos recursos da pesca artesanal de Cangas, 2025-2026” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 97.131,88 €, distribuída en dúas anualidades: 49.418,38 € en 2025 e 47.713’50 € en 2026. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209P-2025-00004. O obxecto destas axudas é o de contribuír a sufragar os custos de contratación dunha bióloga (asistencia técnica) e tres garda pescas marítimos, por parte da confraría de Cangas, durante o período 01/07/2025 ao 30/06/2026.
Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Adquisición de carreta elevadora para a lonxa de Cangas” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e tramitadas como expediente anticipado de gasto, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 35.220’68 €, a desembolsar nun único pagamento para a anualidade 2025. Tanto a instalación como a xustificación do investimento, deben acharse executados antes do 15/12/2025. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2025-00018. O obxecto destas axudas é o de substituír a carreta elevadora da lonxa, marca OM e modelo XE20 AC, de capacidade de carga 2 Tm e con número de serie F14032W00057,-que se acha no final da súa vida útil-, por un novo equipo marca Mitsubishi, modelo FB20N2 de igual capacidade de elevación.
Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Adquisición de guindastre pluma fixo para o varadoiro de Cangas” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e tramitadas como expediente anticipado de gasto, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 90.250’27 €, a desembolsar nun único pagamento para a anualidade 2025, cuxa instalación e xustificación do investimento, se deben achar executados antes do 15/12/2025. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2025-00004. O obxecto destas axudas é o de substituír o actual guindastre pluma fixo, marca GH e modelo GHD, de capacidade 8 Tm e con número de serie 57.615, que se acha no final da súa vida útil, por un novo equipo marca GH de igual capacidade de elevación e semellantes características técnicas.
A Confraría de Pescadores “San Xosé” presentou respectivamente con datas 1 e 4 de abril de 2025, solicitudes de axudas para os proxectos: INVESTIMENTOS VARIOS DA CONFRARÍA DE CANGAS 2025” e “GASTOS DE PERSOAL DA CONFRARÍA DE CANGAS 2025 (PROCURA SOLUCIÓNS PRODUTOS BAIXA DEMANDA)”, ambos os dous ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2025, Posteriormente, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria de data 13 de xuño de 2025, procedeu ao reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación provincial de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2025. No devandito reparto, outorgáronselle axudas á confraría de Cangas por 14.674’41 € para o caso dos investimentos (80% do importe solicitado) e 7.975’00 € para os gastos de persoal (29’57 % do solicitado).
Os obxectivos de ambos os proxectos referidos foron: INVESTIMENTOS.- 1-Instalar un novo motor de 130 CV na embarcación de vixilancia “Navalleira”. 2-Adquirir e instalar diversos equipos informáticos e de pesada de produtos pesqueiros, de cara a anovar distintos puntos de pesaxe na lonxa de Cangas. 3- Mercar diversos corpos de estadas para o servizo de varada de embarcacións deste porto. GASTOS DE PERSOAL.- Téntanse sufragar os custos dos traballos de estudos de mercado, iniciativas e actuacións postas en marcha para mellorar a comercialización de produtos pesqueiros con escasa demanda, mediante o desenvolvemento de novos produtos.
Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Instalación de sistema de aerotermia para a mellora enerxética da lonxa de Cangas” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e tramitadas como expediente anticipado de gasto, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 7.260’00 €, a desembolsar nun único pagamento para a anualidade 2025, cuxa instalación e xustificación do investimento, se deben achar executados antes do 31/10/2025. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2025-00040. O obxecto destas axudas é o de substituír os termos eléctricos da lonxa de Cangas por unha bomba de calor Bibloc para auga quente sanitaria (AQS), actuación que permite un aforro enerxético estimado superior ao 70 % e unha redución significativa das emisións de gases de efecto invernadoiro, nunha porcentaxe idéntica.
,
De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 8 de abril de 2025, pola que se concede unha axuda para o proxecto “RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE DA SUBZONA B DO BANCO DA CHEMINEA E OS CASTROS” (Nº de expediente PE209B 2025-00031), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF: G36014389), ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables, concédese unha axuda por importe de 29.345,80 euros.
A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos cales o 70 % proceden de fondos FEMPA e o 30 % da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Xestión dos recursos da pesca artesanal de Cangas, 2024-2025” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 2 de outubro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 78.582,60 €, distribuída en dúas anualidades: 39.291,30 € en 2024 e 39.291’30 € en 2025. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209P-2024-0021. O obxecto destas axudas é a de contribuír a sufragar os custos de contratación dunha bióloga (asistencia técnica) e tres garda pescas marítimos, por parte da confraría de Cangas, durante o período 01/07/2024 ao 30/06/2025.
A Confraría de Pescadores “San Xosé” presentou con data 3 de xuño de 2024, ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadores, federación provincial de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2024, cadansúa solicitude de axudas para os proxectos “Investimentos nas instalacións da lonxa de Cangas 2024” e “Gasto de persoal da confraría de Cangas 2024”. Posteriormente, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria de data 2 de agosto de 2024, procedeu ao reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación provincial de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2024. No devandito reparto, outorgáronselle axudas á confraría de Cangas, por 6.183’57 € para o caso dos investimentos (80% do importe solicitado) e 7.683’64 € para os gastos de persoal (30’63 % do solicitado).
Os obxectivos de ambos os proxectos referidos foron: sufragar os custos dunha báscula de pesada mariña para a embarcación de vixilancia “Navalleira”, distinto material informático para as instalacións de lonxa e adquisición dun aparello de TV e un conxelador para a lonxa, no caso dos investimentos, e os gastos de salarios dun dos traballadores do cadro de persoal da confraría, para o proxecto de gastos de persoal.
A Consellería do Mar concedeu unha axuda ao proxecto colectivo “Novo centro de estabulación para a lonxa de Cangas 2024” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitada como expediente anticipado de gasto.
O obxectivo deste proxecto, identificado co número de expediente PE209G-2024-00032, é duplicar a capacidade da lonxa de Cangas para a estabulación e almacenamento de crustáceos, por mor de que as actuais instalacións son insuficientes para atender o paulatino incremento da oferta que se veu producindo nestes últimos anos. A axuda outorgada ascende a 45.421,40 €, financiada polo fondo FEMPA, nun 70 % e nun 30 % pola Xunta de Galicia.
De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Xestión dos recursos da pesca artesanal de Cangas, 2023-2024” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal e garantir unha actividade económica,social e medioambiental sostible, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e de Acuicultura (FEMPA), ao abeiro da Orde do 18 de outubro de 2023, polo que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023, das referidas axudas, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 77.860,88 €, distribuída en dúas anualidades: 38.93,.40 € en 2023 e 38.930,40 € en 2024. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE2099 2023/013.
Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Fábrica de xeo para a lonxa de Cangas 2024” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), para dotar á lonxa de Cangas dun novo xerador de xeo para o servizo da fábrica de xeo, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e de Acuicultura (FEMPA), ao abeiro da Orde do 16 de outubro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a segunda convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas, fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 73.729,27 €. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2023-FEMPA/23.
Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 19 de xullo de 2023, pola que se concede unha axuda para o proxecto “RECUPERACION DA SUBZONA B DO BANCO MARISQUEIRO PRAIA DO SINAL” (Nº expediente PE209B 2023), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, outorgóuselle á confraría unha axuda de 13.200 euros.
A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP, 9.900€ e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 3.300 €.
Consonte ao disposto no acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptado na súa sesión ordinaria do día 12 de maio de 2023, concerninte ao reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos no exercicio 2023, informamos de que na referida resolución se lle outorgou á Confraría de Pescadores “San Xosé” de Cangas, unha axuda de 15.440’62 €, para os conceptos “Instalacións de alarma contra incendios, sistema de videovixilancia e adquisicións varias”. Esta cantidade supón o 80% do investimento total efectuado.
Estas axudas solicitáronse ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos durante o exercicio 2023 (B.O.P.PO. nº 29 do 10/02/2023), e inclúen melloras na comercialización e valorización das producións, material para a vixilancia das producións, investimentos para a mellora dos servizos prestados e gastos non incluídos noutros apartados. Xa que logo, entre as actuacións subvencionadas, áchanse: caixas plásticas reutilizables; fiestras en inox. para lancha vixilancia “Boeiro”; sistema de guiado e transporte para a máquina de lavado de caixas; sistema de detección e alarma de incendios en confraría e lonxa; protector para excesos de presión para a bomba de auga salgada; carcasa para aloxamento de impresora, especial para ambientes mariños; terminais de control de pegada dixital para o cadro de persoal da entidade; sistema de videovixilancia con gravador para a lonxa; barreira e equipos anticontaminación para o varadoiro do porto de Cangas.
Consonte co disposto na Resolución da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda pola que se concede unha axuda ao proxecto “Lanzamento comercial novo produto de calidade "NavalladasCíes", presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas na área de influencia socieconómica do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) - financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU para os anos 2022-2023 (código de procedemento MT821A), outorgóuselle á confraría de Cangas una axuda de 15.000 €, para la elaboración dunha partida de 9.000 latas de conserva de navalla das illas Cíes, ao natural e en aceite de oliva.
Consonte ao disposto no acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de
Pontevedra, adoptado na súa sesión do día 9 de setembro de 2022, concerninte ao
reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación de confrarías e agrupacións de
mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos exercicio 2022,
informamos de que na referida resolución se lle outorgou á Confraría de Pescadores
“San Xosé” de Cangas, unha axuda de 8.738’20 € para o proxecto “INVESTIMENOS
VARIOS EN CONFRARÍA E LONXA DE CANGAS”.
Estas axudas solicitáronse ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás
confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de
mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos durante o exercicio 2022
(BOPPO nº 69 do 08/04/2022), e inclúen melloras a nivel comercialización, mellora dos
servizos prestados, na vixilancia de producións, etc. Entre as actuacións
subvencionadas, áchanse: impresora de etiquetas plásticas, cadro GMDSS e VHF para
as lanchas de vixilancia de bancos marisqueiros, melloras nas instalacións de lonxa e
centro de expedición, etc.
De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Marpola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Guindastre pórtico automotor varadoiro Cangas”, presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022, polo que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, das referidas axudas,outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 338.000’00€, distribuída en dúas anualidades: 84.500’00€ en 2022 e 253.500’00€ en 2023.Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G2022/06.
Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 30 de novembro de 2021, pola que se concede unha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, para o proxecto “Alternativas de revalorización dos produtos mariños da Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas” (Nº expediente GALP7-166), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021, para pór en marcha e promover unha serie de iniciativas que nos permitan acadar un incremento no valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros dos/as nosos/as asociados/as, nomeadamente coa posta en funcionamento dun centro de expedición e a distribución a domicilio, sen custe adicional, dos produtos adquiridos, a través dos fondos europeos (FEMP), por un importe de 39.691’66 €, para as anualidades 2021 e 2022: 1.080’00 € en 2021 e 34.642’49 € para 2022.
A porcentaxe da subvención acada o 90 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP, 30.364’12 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 5.358’37 €.
De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 5 de novembro de 2021, pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Xestión e conservación dos ecosistemas e dos recursos mariños da Confraría de Pescadores San Xosé, de Cangas, 2021-2023” (Nº expediente PE209C-2021F-049), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que contribúan a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental, por un importe de 157.888,80 €, co seguinte reparto anual: 42.117,66 € correspondente á anualidade 2021, 77.180,76 á anualidade 2022 e 38.590,38 € á anualidade 2023. A subvención outorgada acada as contías máximas subvencionables. Dentro destas, as porcentaxes teñen a seguinte distribución, o 75% corresponden aos fondos FEMP, 118.416,6 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 39.472,20 €.
Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 9 de xullo de 2021, pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Reixas de aceiro inox. para a lonxa de Cangas, 2021” (Nº expediente PE209N-2020/53), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto, para a adquisición e instalación de 56 reixas de aceiro inoxidable nos sumidoiros da lonxa de Cangas, co obxecto de mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos/as usuarios/as das instalacións, a través dos fondos europeos (FEMP), por un importe de 6.792’00 €. A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP, 5.094’00 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 1.698’00 €.
Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 9 de xullo de 2021, pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Reixas de aceiro inox. para a lonxa de Cangas, 2021” (Nº expediente PE209N-2020/53), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto, para a adquisición e instalación de 56 reixas de aceiro inoxidable nos sumidoiros da lonxa de Cangas, co obxecto de mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos/as usuarios/as das instalacións, a través dos fondos europeos (FEMP), por un importe de 6.792’00 €. A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP, 5.094’00 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 1.698’00 €.
De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 9 de xullo de 2021, pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Depósitos de almacenaxe para a lonxa de Cangas, 2021” (Nº expediente PE209N-2020/51), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto, para a adquisición de dez contedores isotermos con tapa (bins) con destino á lonxa de Cangas, a través dos fondos europeos (FEMP), por un importe de 3.825’00 €, co obxecto de mellorar a calidade e incrementar o control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca. A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP, 2.868’75 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 956’25 €.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 14 de xuño de 2021, adoptou o acordo do reparto de axudas ás Confrarías de Pescadores, Federación de Confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos durante o exercicio 2021 (Expte.2021008106) e ao abeiro das bases reguladoras correspondente ao número de acordo 2.30106 da Xunta de Goberno da Deputación, e que foron publicadas no BOPPO número 66 do 9 de abril de 2021.
Á Confraría de Pescadores "San Xosé" de Cangas, foille outorgada unha axuda de 11.784,27 €, para a realización de investimentos varios en comercialización, vixilancia e mellora de servizos.

Número Expediente: PE209G-2020/47
Importe Subvención: 26.713,00
PROXECTO: “XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS ECOSISTEMAS E DOS RECURSOS MARIÑOS DA CONFRARÍA DE CANGAS, 2020-2021” (PE 209C – 2020F – 011).
ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN XOSÉ”-CANGAS
IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 67.209’00 €