Vedas

Vedas

 

Periodicamente, mediante a publicación da oportuna orde, a consellería con competencias en materia de pesca aproba o Plan xeral de explotación marisqueira de Galicia, nas datas inmediatamente anteriores á entrada en vigor do referido plan, que actualmente ten unha duración dun trienio. Nesta orde apróbanse o conxunto das normas e orientacións destinadas a regular e programar a conservación e explotación sustentable dos recursos marisqueiros xerais para o período acordado. Entre as devanditas normas atópanse os períodos autorizados de extracción das distintas especies, agás para aquelas especies ou artes que están reguladas por un plan de xestión especifico.

 DOG nº 262 do 31/12/2020: ORDE do 21 de decembro de 2020 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023

CRUSTÁCEOS

 Especie  Períodos autorizados 2021, 2022 e 2023 
 Nécora (Necora púber)  Do 1 ao 5 de xaneiro
 Do 1 de xullo ao 31 de decembro
 Bogavante (Homarus gammarus)  Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo
 Do 2 de xullo ao 31 de decembro
 Langosta (Palinurus elephas)  Do 1 de xaneiro ao 30 de septembro
 Santiaguiño (Scyllarus arctus)  Do 1 al 5 de xaneiro
 Do 1 de outubro ao 30 de decembro
 Cangrexo (Carcinus maenas)  Todo o año
 Conguito (Macropipus corrugatus)  Todo o año
 Patulate (Macropipus depurador)  Todo o año

PLANS DE EXPLOTACIÓN DA CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN XOSÉ”

Especie Períodos autorizados 2021, 2022 e 2023
Equinodermos (ourizo-Paracentrotus lividus- e holoturia-Holoturia forskali)  Do 1 de outubro ao 31 de decembro
 Do 1 de xaneiro ao 30 de abril
Peneira (Haliotis tuberculata)  Do 1  de outubro ao 31 de decembro
 Do 1 de xaneiro ao 31 de xullo
Algas a Flote (Codium spp. agás C. Fragile-, Laminaria ochroleuca, Saccorhyza polyschides, Ulva spp. e Undaria pinnatifida)   Do 1 de xaneiro ao 30 de setembro
Ameixa Rubia con Endeño Remolcado  Do 1 ao 31 de xaneiro
 Do 1 de agosto ao 30 de decembro
Anemone (Anemonia viridis)  Do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro
 Do 1 de xullo ao 31 de decembro
Navalla e Longueirón (Ensis magnus e Ensis siliqua) Captúranse todo o ano, pero con rotación de zonas (vedas zonais)
Percebe (Pollicipes pollicipes) Captúrase todo o ano, pero con rotación de zonas (vedas zonais)
Marisqueo a Flote (ameixas, berberecho, carneiro...) Captúranse todo o ano, pero con rotación de zonas (vedas zonais)
Marisqueo a Pé (ameixas, berberecho, carneiro...) Captúranse todo o ano, pero con rotación de zonas (vedas zonais)
Lapa a Pé (Patella spp.) Do 1 de agosto ao 31 de decembro
Algas a Pé (Bifurcaria bifurcata, Codium tometosum, Enteromorpha spp.,Fucus vesiculosus, Gelidium spp., Himanthalia elongata, Laminaria ssp., Osmundea pinnatifida, Ulva rígida, Undaria pinnatifda) Captúranse todo o ano

PEIXES:

Os peixes non adoitan estar sometidos a períodos de veda, agás aqueles controlados por TAC’s (Total Admisible de Capturas) a nivel da Unión Europea. As especies de peixes suxeitas a topes de capturas, que máis afectan aos profesionais do noso porto son: xarda -Scomber scombrus-, sardiña- Sardina pilchardus-,  raias (rajas spp- sobre todo a raia mosaico, raja undulata-), pescada -Merlucius merlucius-, e bocarte -Engraulis encrasicolus.  Unha vez consumidos, a nivel individual ou colectivo, os topes de capturas, péchase a extracción para o trimestre, semestre ou ano, ata nova autorización.