Sobre nós

Sobre nós

 

A Confraría de Pescadores “SAN XOSÉ” de Cangas é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de  observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

A Confraría de Pescadores “SAN XOSÉ” de Cangas ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.

Historia da Confraría: No ano 1900 aparece a primeira referencia á existencia dunha asociación de mariñeiros no concello de Cangas, inaugurándose no ano 1930 a Casa do Pescador na localidade de Cangas. O 9 de xullo de 1944 créase a Confraría de Cangas e o 20 de abril de 1946 fusiónanse as confrarías de  Darbo e Cangas, constituíndo a actual Confraría de Pescadores "San José" de Cangas.

Esta confraría constituíuse coa finalidade de promover a defensa común dos empresarios, profesionais e demais operadores que realizasen o seu  actividade empresarial e profesional  no mundo do mar, en actividades como a pesca, marisqueo ou acuicultura.

Ámbito Territorial: O ámbito territorial da Confraría de  Pescadadores "San Xosé" de Cangas, comprende desde punta  Canaval (límite costeiro co municipio de Moaña) ata punta Couso (límite co ámbito territorial da Confraría de Aldán.

Horarios  Funcionamento:

Confraría:

LUNS A VENRES: 08:00 A 15:00 HORAS. (Atención ao público de 10:00 a 13:00)
Lonxa:

LUNS A XOVES: 10:00 A 18:00 HORAS.

VENRES: 10:00 A 17:00 HORAS.

DESDE 01-07 A 05-01 ANO SEGUINTE( CAMPAÑA NÉCORA): LUNS A VENRES : 8:00 A 8:30 HORAS

Poxas:

14:00 HORAS POXA NAVALLA

14:15 HORAS POXA PERCEBE ( MODIFICARASE ESTE HORARIO SEGUNDO MAREA DIARIA) E 17:30 HORAS POXA PERCEBE.

16:00 HORAS POXA CENTOLA