Comercialización

Comercialización

 

A Confraría de Vigo encárgase da primeira venda e distribución dos produtos do mar extraídos polos seus asociados mediante poxa en lonxa ou ben directamente a empresas intermediarias, tanto maioristas como minoristas, mediante acordos de venda.

Os produtos comercializados a través da Confraría son garantía de pesca artesanal, sustentable e responsable co medio ambiente, de orixe galega e coa máxima calidade e frescura.

Os principais puntos de venda son a Lonxa de Vigo e a Lonxa de Canido. A Lonxa de Canido (Vigo) está xestionada directamente pola Confraría, mentres que as distintas lonxas do Porto de Vigo son responsabilidade da Autoridade portuaria de Vigo.

Tódolos productos comercializados pola Confradía de Vigo encontranse certificados pola marca de calidade PESCADERÍAS e PESCAENVERDE. A marca pescadeRías ¿de onde se non? es un selo de identidade para á promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal, que garante a frescura e procedencia de Galicia.

A súa vez Pescaenverde e unha ecoetiqueta que aporta información o consumidor sobre o baixo impacto que estos productos pesqueros teñen sobre o medioambente, o mismo tempo que aporta valor engadido os productos que incorporan a marca favorecendo a sua venta nún mercado global.

Pola sua parte as algas comercializadas pola Confradía de Vigo contan co selo ecolóxico do CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia).

Especies

  • Ameixa fina
  • Ameixa babosa
  • Ameixa rubia
  • Ameixa xaponesa
  • Navalla
  • Ourizo
  • Anémone
  • Holoturia ou pepino de mar
  • Polvo