Novas

A Confraría de Pescadores de Vigo participou no proxecto PERIZIA, contribuíndo ao desenvolvemento dunha iniciativa centrada na aplicación de tecnoloxías innovadoras para mellorar o seguimento, o coñecemento e a xestión do ourizo de mar.

Ao longo do proxecto, a colaboración da confraría permitiu incorporar a visión do sector sobre a situación do recurso, as necesidades existentes no ámbito do seguimento e a utilidade práctica das ferramentas propostas. Esta achega resultou especialmente valiosa para avaliar a viabilidade de aplicación destas solucións no contexto real da actividade mariñeira.

A Confraría de Vigo participou tamén nas accións finais do proxecto, colaborando de maneira activa na xornada de peche e intervindo nun espazo de intercambio de experiencias xunto con outras confrarías participantes. A súa presenza permitiu compartir reflexións sobre a evolución do recurso, as motivacións para formar parte de PERIZIA e a experiencia práctica derivada da integración de novas ferramentas tecnolóxicas nas tarefas habituais de traballo.

A través da súa participación, a Confraría de Vigo contribuíu a reforzar o enfoque colaborativo do proxecto e a poñer en valor a importancia de avanzar cara a sistemas de xestión máis sostibles, apoiados no coñecemento, na innovación e na cooperación entre sector e ámbito científico.

Máis información do proxecto PERIZIA

O proxecto colectivo “INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA PARA AUTOCOSUMO NA LONXA DE CANIDO” ten como obxectivo xeral mellorar a eficiencia enerxética da lonxa e como obxectivos específicos a xeración e acumulación de enerxía eléctrica renovable destinada ao autoconsumo, que vai contribuir a reducir a pegada de carbono asociada as actividades que se desenvolven na lonxa. Entre os obxectivos horizontais están contribuír a protección do ambiente e promover unha transición enerxética limpa e equitativa.

A xeración e acumulación de enerxía eléctrica para autoconsumo, procedente dunha fonte limpa e renovable como é a enerxía solar, vai contribuír a un ambiente limpo e con baixas emisións de CO2,ao tempo que vai supoñer un aforro económico importante na actividade diaria da Lonxa de Canido, repercutindo directamente na mellora da eficiencia dos servizos prestados as persoas pescadoras que empregan o porto.

O pasado luns comezamos a campaña da centola, a que estás agardando?? Vén á túa lonxa de confianza e goza con este manxar de deuses ou escribe un Whatsapp á Lonxa de Canido, e reserva a túa 📞 698 197 501

Estamos finalizando o proxecto Amarre, financiado polo GALP Rías de VIgo- A Guarda, e queremos compartir con vós as 6 infografías que elaboramos para que as poidades usar, se fora do voso interese. As temáticas que escollimos teñen moita relación coas preocupacións que moven ao FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura): O lixo no mar, A sobrepesca, as Tallas mínimas, O cambio climático no mar, o Aforro enerxético e o Furtivismo. Agardamos que vos gusten e que sexan de utilidade!

, , , , , , , ,

Seguimos co proxecto Amarre financiado polo GALP Ría de Vigo A Guarda. Nesta ocasión achegamos un dos materiais de divulgacion que elaboramos orientados a barcos profesionais e deportivos. Agardamos que vos gusten, e que sigades os nosos consellos!

, ,

Esta semana, no marco do Proxecto Amarre, colocamos as torretas de servizo no pantalan, que nos permitiran controlar o gasto enerxético dos nosos usuarios de usuarias. Ademais, elaboramos unha pequena guía con recomendacións para a mellora e eficiencia enerxética que comezamos a compartir con elas e eles a través do whatsapp.

Seguimos traballando no proxecto AMARRE, e nesta ocasión achegamos o vídeo que elaboraron dende o GALP Ría de de VIgo- A Guarda para dar a coñecer o noso traballo. Bótalle un ollo!!

https://youtu.be/WQSE6GmT7mg?si=4YImVoNQn62ypmNo

Comezada a crise dos pelets na nosa costa, a Confraría vén de informar aos seus socios e socias, en contacto diario co mar e o litoral, sobre o verquido coa finalidade de crear unha Rede de Vixiancia que permita saber a afectación da nosa ría, día a día.

 

Unha vez rematado o proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo 2022-23", como parte do Plan MAR LIMPO MAR VIVO da Consellería do Mar, presentamos este espectacular video documental da problemática e acción realizadas pola Confraría de Vigo para a eliminación do lixo marño. Rodado polo especialista cámara submariño M. Garci, recolle as xornadas de traballo nos bancos marisqueiros da Ría de Vigo e as accións realizadas no proxecto dende xuño de 2022 ata xuño de 2023 polos membros da confraría.