Mariña Deportiva de Bouzas

Mariña Deportiva de Bouzas

 

A Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo posúe concesión da Autoridade Portuaria de Vigo para ocupación de superficie de dominio público portuario na zona de Bouzas (Vigo), con destino a instalación de pantaláns flotantes. A mariña deportiva conta con 65 prazas de amarre, disponibles para embarcacións deportivas e de lecer de ata 16 metros de eslora.

As instalacións están provistas de tódolos servizos básicos, como auga, electricidade e cámaras de video vixilancia. Os usuarios poderán desfrutar dunha ubicación privilexiada para o amarre das embarcacións no medio da ría de Vigo e a pouca distancia das Illas Cies.

Dispoñemos de prazas de amarre tanto para embarcacións deportivas como para iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar. Se estas interesado en empregar as instalacións ponte e contacto con nós.

 

REGULAMENTO DE EXPLOTACIÓN DA MARIÑA DEPORTIVA DE BOUZAS