Socias e Socios

Socias e Socios

 

Son membros/as da Confraría todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se asocien, sempre que desenvolvan habitualmente unha actividade extractiva pesqueira, marisqueira ou de produción acuícola e se atópen en posesión do correspondente título administrativo que os/as habilite para o exercicio da actividade.

Actualmente a Confraría conta con socios/as tanto traballadores/as como empresarios/as, que desenvolven a súa actividade nos distintos sectores produtivos da pesca e do marisqueo. En todos os casos trátase de pesca artesanal realizada por embarcacións de pequeno porte, a escasas millas da costa e que descargan as súas capturas o mesmo día de pesca.

Os principais sectores produtivos aos que pertencen os/as socios/as da Confraría son a pesca de cerco, pesca con artes menores (enmalle, anzol e nasas), recursos específicos (navalla, ourizo, percebe, etc.) e o marisqueo, tanto nas modalidades de a pé como dende embarcación.

Faite socio/a

Se tés una embarcación de pesca, marisqueo ou acuicultura e desenvolves a túa actividade na zona da Ría de Vigo faite socio/a da nosa Confraría poñéndote en contacto con nós.

Se aínda non sabes como, pero estás interesado/a en mercar unha embarcación de pesca profesional e vivir do mar fala con nós e axudaremosche.