Proxectos
O proxecto colectivo “INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA PARA AUTOCOSUMO NA LONXA DE CANIDO” ten como obxectivo xeral mellorar a eficiencia enerxética da lonxa e como obxectivos específicos a xeración e acumulación de enerxía eléctrica renovable destinada ao autoconsumo, que vai contribuir a reducir a pegada de carbono asociada as actividades que se desenvolven na lonxa. Entre os obxectivos horizontais están contribuír a protección do ambiente e promover unha transición enerxética limpa e equitativa.
A xeración e acumulación de enerxía eléctrica para autoconsumo, procedente dunha fonte limpa e renovable como é a enerxía solar, vai contribuír a un ambiente limpo e con baixas emisións de CO2,ao tempo que vai supoñer un aforro económico importante na actividade diaria da Lonxa de Canido, repercutindo directamente na mellora da eficiencia dos servizos prestados as persoas pescadoras que empregan o porto.
PROXECTO DE INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA PARA AUTOCOSUMO NA LONXA DE CANIDO (PE209G-2025-00065)
- Data de inicio: 01/09/2025
- Data de finalización: 31/10/2025
- Importe total concedido para o proxecto: 21.707,40 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027 - Proxecto financiado polo FEMPA (70%) e Xunta de Galicia (30%)
O proxecto de Xestión dos recursos da pesca costeira artesanal no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo está orientado a dotar a entidade de persoal técnico cualificado para o asesoramento de plans de xestión e concienciación do sector mediante a recollida e análise de datos e a vixilancia dos recursos.
A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no o Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que vai contribuír o fomento dunha pesca sustentable e á conservación e recuperación dos recursos mariños.
O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, unido a protección dos ecosistemas e hábitats costeiros.
Mediante a realización deste proxecto esperamos acadar resultados e indicadores sobre o estado dos recursos e dos hábitats explotados, que contribuirán a mellorar a xestión e planificación da produción, reforzando as actividades pesqueiras para que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.
Este proxecto permitirá reducir os impactos negativos, contribuíndo aos impactos positivos sobre o ambiente, e contribuír ao bo estado ambiental, coa súa finalidade última de mellorar a sustentabilidade na explotación dos recursos pesqueiros da frota pesqueira artesanal garantindo a actividade a longo prazo con medidas de xestión pesqueira baseadas en sistemas de recollida de información sobre o estado dos recursos que melloren o seu coñecemento.
PROXECTO DE XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL (PE209P-2025-00037)
- Data de inicio: 01/07/2025
- Data de finalización: 30/06/2026
- Importe total concedido para o proxecto: 51.801,00 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027 - Proxecto financiado polo FEMPA (70%) e Xunta de Galicia (30%)
Xa contamos coas novas axudas da Deputación de Pontevedra para financiar os gastos de persoal da Confraría.
Xa temos aquí as novas axudas da Deputación de Pontevedra para investimentos!
Nesta ocasión a Confraría destinará a axuda á renovación de equipos informáticos, un moble para a mellora da capacidade de almacenamento da zona de xuntanzas na nosa oficina central, e renovación do pavimento do pantalán que temos en concesión administrativa, entre outras cousas.
O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiño”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.
O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.
Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos.
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.
PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2024-012)
Data de inicio: 01/01/2025
Data de finalización: 30/04/2025
Importe da subvención: 8.840 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027 - Proxecto financiado polo FEMPA nun 70%
O proxecto de Xestión dos recursos da pesca costeira artesanal no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo está orientado a dotar a entidade de persoal técnico cualificado para o asesoramento de plans de xestión e concienciación do sector mediante a recollida e análise de datos e a vixilancia dos recursos.
A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no o Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que vai contribuír o fomento dunha pesca sustentable e á conservación e recuperación dos recursos mariños.
O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, unido a protección dos ecosistemas e hábitats costeiros.
Mediante a realización deste proxecto esperamos acadar resultados e indicadores sobre o estado dos recursos e dos hábitats explotados, que contribuirán a mellorar a xestión e planificación da produción, reforzando as actividades pesqueiras para que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.
Este proxecto permitirá reducir os impactos negativos, contribuíndo aos impactos positivos sobre o ambiente, e contribuír ao bo estado ambiental, coa súa finalidade última de mellorar a sustentabilidade na explotación dos recursos pesqueiros da frota pesqueira artesanal garantindo a actividade a longo prazo con medidas de xestión pesqueira baseadas en sistemas de recollida de información sobre o estado dos recursos que melloren o seu coñecemento.
PROXECTO DE XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL (PE209P_2024_051)
- Data de inicio: 01/07/2024
- Data de finalización: 30/06/2025
- Importe total concedido para o proxecto: 43.794,60 €
PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027 - Proxecto financiado polo FEMPA (70%) e Xunta de Galicia (30%)