Listado de noticias
Noticias
Novas
Video MAR LIMPO MAR VIVO 2022-23
23 Xullo 2023
Unha vez rematado o proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo 2022-23", como parte do Plan MAR LIMPO MAR VIVO da Consellería do Mar, presentamos este espectacular video documental da problemática e acción realizadas pola Confraría de Vigo para a eliminación do lixo marño. Rodado polo especialista cámara submariño M. Garci, recolle as xornadas de traballo nos bancos marisqueiros da Ría de Vigo e as accións realizadas no proxecto dende xuño de 2022 ata xuño de 2023 polos membros da confraría.
Pedidos de Polbo por Whatsapp
31 Xaneiro 2023
Canido recupera, ao fin, a súa lonxa
A Lonxa de Canido retoma actividade
23 Xaneiro 2023
O polbo da Ría será o primeiro produto que ofreza a Lonxa
A Lonxa de Canido retoma a actividade coa venda do Polbo da Ría, produto estrela dos barcos da Confraría que traballan na zona. O Polbo de Canido será vendido a restaurantes, empresas transformadoras e particulares. A idea é poñer en valor un produto de cercanía, Km cero e de gran calidade e frescura, ademais de coñecer directamente ás persoas que o pescan. Unha pesca artesanal comprometida co presente e futuro da nosa ría, unha pesca sustentable. Se estás interesado/a en comprar polbo podes contactar con nós a través da páxina da Lonxa de Canido: https://lonxadecanido.org/ ou no noso Whatsapp 698 185 480 Compartimos o vídeo de Artes Menores que fixemos cun dos barcos que pescan o polbo en Canido. Agardámosvos! https://youtu.be/Z2_XF95TyCg
Eleccións aos Órganos de Goberno da Confraría
28 Novembro 2022
Nova Xunta Xeral e Cabido
No mes de setembro iniciamos o proceso renovación dos órganos de goberno nas Confrarías de Galicia. Despois das eleccións, e tras a proclamación definitiva dos cargos achegamos a nova composición dos órganos de goberno: PATRÓN MAIOR: IAGO SOTO GARCÍA (Marisqueo a pé) VICEPATRÓN PRIMEIRO: ROBERTO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ (Recursos Específicos) VICEPATRÓN SEGUNDO: MISAEL GRACÍA DEL CAMPO (Recursos Específicos) VOGAL CABIDO: FRANCISCO RODRÍGUEZ SOUSA (Marisqueo a pé) VOGAL CABIDO: LUIS RODRIGUEZ SOUSA (Marisqueo a pé) VOGAL CABIDO: BEGOÑA VIDAL RIAL (Recusrsos Específicos) VOGAL CABIDO: ENRIQUE P. CRUCES ANDRÉ (Artes Menores) VOGAL CABIDO: LUIS A. PEREIRA CABALEIRO (Recursos Especícos) VOGAL CABIDO: ARÓN MAR AZOR S.L. (Artes Menores) VOGAL XUNTA XERAL: MARIO NIETO ÁLVAREZ (Recursos Específicos) VOGAL XUNTA XERAL: FERNANDO SANROMAN MONTENEGRO (Artes Menores) VOGAL XUNTA XERAL: CORUXOMAR S.L. (Artes Menores) VOGAL XUNTA XERAL: DIEGO BERMÚDEZ TRASANDE (Artes Menores) VOGAL XUNTA XERAL: PESQUERA NUGOBA S.L. (Frota do Cerco)
Primeiros resultados do Proxecto "Somos Confraría"
30 Agosto 2022
Diagnose Participativa sobre a igualdade no sector pesqueiro
Achegamos artigo do Atlantico Diario onde se fan eco dos primeiros resultados do proxecto: La Cofradía de Pescadores de Vigo ha puesto en marcha una iniciativa pionera que pone el foco en la situación de la mujer en la pesca, marisqueo y labores relacionadas La Cofradía de Pescadores de Vigo se encuentra en plena elaboración de un informe pionero sobre la situación de las mujeres en el sector del mar. Aunque el proyecto se está materializando ahora, la idea surgió antes de la pandemia. “Vimos la necesidad de ver la trayectoria de la mujer en la cofradía y ver el estado de la mujer en el sector. Se comenzó a hacer un diagnóstico, pero con la pandemia quedó frenado porque teníamos como prioridad la digitalización de la cofradía. El tema de la mujer quedó en un segundo plano y ahora decidimos darle un empujón aunque solo sea para agitar”, explica María Muiños, agente de diversificación de la Cofradía de Pescadores de Vigo. La iniciativa forma parte del proyecto “Somos Confraría”, con el que Muiños señala que pretenden implantar un plan de igualdad, poner en valor los subsectores de la cofradía y darse a conocer a la ciudadanía. Así, buscan difundir su actividad y sus características especiales. “Por estar ubicados en Vigo apenas tenemos marisqueo. Hay poco potencial”, señala. Además, están animando a los socios, sobre 150 de los cuales solo cuatro son mujeres, a que participen en las próximas elecciones para seleccionar a los miembros de los órganos de gobierno. El reducido número de mujeres es también evidente en el marisqueo, al que en Vigo solo se dedican hombres a diferencias de otras cofradías. El proyecto está captando la atención de otras cofradías, sobre todo por el plan de igualdad que se va a implantar de forma pionera en Vigo. “Mucha gente está poniendo los ojos en nosotros. La Federación Galega de Confrarías de Pescadores tiene interés y tienen algún trabajo hecho. Está siendo muy útil este trabajo para actualizar datos porque hacía tiempo que no se hacía una revisión”, explica María Muiños, agente de diversificación de la Cofradía de Pescadores de Vigo. La iniciativa se está llevando a cabo con la colaboración del Grupo de Investigación Ecopesca de la Universidad de Santiago de Compostela (USC) y el apoyo del Grupo de Acción Local del Sector Pesquero Ría de Vigo - A Guarda. Esta experimentación se espera que acabe desembocando en proyectos similares. “Espero que se contagie a todas las cofradías. Estamos aquí para ayudar y colaborar. Las cuestiones de género son prioritarias”, destaca Muiños. Explica que la idea es buscar “aspectos de mejora haciendo un diagnóstico de la igualdad y la mujer para sacar una línea de acción”. Atraer a jóvenes para el relevo generacional de mujeres del mar María Muiños, agente de diversificación de la Cofradía de Pescadores de Vigo, confiesa que ya se están extrayendo las primeras conclusiones de las 38 entrevistas realizadas a mujeres del sector pesquero vigués que conforman el estudio y se están difundiendo algunos de los testimonios a través de redes sociales. Una de las participantes en el proyecto señala la necesidad de “hacer atractivo el sector a las mujeres jóvenes porque también se corre el peligro de que no haya relevo generacional”. Muiños explica que “muchas declaraciones no son novedosas”. Destaca las “dificultades de las mujeres para acceder a un trabajo en el mar” y la falta de reconocimiento de dolencias profesionales. “Cuando se piensa en riesgos laborales no se ve con perspectiva de género”, apunta. Una de las entrevistadas hace alusión a una cuestión muy concreta: “hay un ciclo menstrual que solo tenemos las mujeres y no se habla de él, pero ese ciclo a veces a las mujeres nos impide trabajar” https://www.atlantico.net/articulo/vigo/mujeres-mar-agitan-sector-reivindicaciones/20220829231542935988.html
Proxecto "Somos Confraría"
29 Xullo 2022
Xa temos imaxe do proxecto e iremos compartindo os avances. Ti e máis eu, Somos Confraría.
Rematada a obra da nova lonxa de Canido
20 Xullo 2022
O obra da nova Lonxa de Canido xa foi rematada e entregada a Portos de Galicia. A nova edificación ven a sustituir a anterior lonxa e vai cubrir as necesidades do barcos pesqueiros e persoas mariscadoras que faenan nesta parte da ría de Vigo.
RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS
25 Abril 2022
O venres 22/04/2022 realizamos a última xornada de recollida de lixo dos fondos mariños da ría de Vigo, no marco do proxecto "Recollida de residuos marños na Confraría de Vigo 2021-22", que se encadra no Plan Mar Limpo Mar Vivo, da Consellería do Mar. Con esta xornada completamos o programa previsto, sumando un total de 8 xornadas de recollida de lixo. A nosa experiencia pon de manifesto a grande efectividade das accións desenvolvidas, pero o mesmo tempo exixe dar continuidade accions de sensibilización e as xornadas dedicadas a pesca activa por parte dos profesionais do sector para eliminar ou reducir ao máximo posible a presenza de lixo acumulado durante décadas. O proxecto actual ten como obxectivo a recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o manexo, caracterización e tratamento do lixo recollido e a sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así coma do resto de axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral. Por iso ademais das xornadas de limpeza realizamos a categorización e tratamento dos residuos coa colaboración da Autoridad Porturaia de Vigo. En total foron retiradas 4 toneladas de residuos mariños, principlamente plásticos, metais, gomas, entullos e vidros, o que vai repercutir na mellora do ecossitema e biodiversidade de 4 bancos marisqueiros da ría de Vigo (Ríos, Areiño, Manquiña e Bouzas), onde traballan os socios da Confraría de Pescadores de Vigo para a extracción de navallas e ameixas.
CONSTRUCCIÓN DA NOVA LONXA DE CANIDO
29 Decembro 2021
A construcción da nova Lonxa de Canido vai vento en popa! En poucos meses poderemos ver, por fin, como o Porto pesqueiro de Canido recobra a súa actividade.
LIMPEZA DE FONDOS NA MANQUIÑA (TEIS)
29 Novembro 2021
O venres 26/11/2021 realizamos a primeira xornada de recollida de lixo de fondos mariños, como parte das actividades do proxecto "Recollida de residuos marños na Confraría de Vigo 2021-22" do Plan Mar Limpo Mar Vivo, da Consellería do Mar. Este proxecto da continuidade o iniciado a pasado ano 2020 e vaise desenvolver en 6 xornadas de recollida de residuos no intermareal por parte dos mariscadores a pé e 2 xornadas de pesca de lixo activa por parte dos mergulladores. Os bancos marisqueiros incluídos nos plans de xestión da Confraría de Pescadores de Vigo se desenvolven na marxe sur da Ría de Vigo, coincidindo co asentamento da maior poboación de Galicia. A actividade industrial e portuaria próxima aos bancos marisqueiros fai que sexan zonas susceptibles de acumular diferentes tipos de residuos de orixe antrópico, xenerados en terra pero que adoitan acabar no mar. Por outra banda o desenvolvemento da actividade pesqueira, os cultivos mariños en viveiros flotantes e as embarcacións de lecer poden contribuír a existencia de lixos e residuos no mar, nas praias e no intermareal rochoso. A nosa experiencia pon de manifesto a grande efectividade das accións desenvolvidas, pero o mesmo tempo exixe dar continuidade accions de sensibilización e as xornadas dedicadas a pesca activa por parte dos profesionais do sector para eliminar ou reducir ao máximo posible a presenza de lixo acumulado durante décadas. O proxecto actual ten como obxectivo a recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o manexo, caracterización e tratamento do lixo recollido e a sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así coma do resto de axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral. Por iso ademais das xornadas de limpeza realizamos a categorización e tratamento dos residuos coa colaboración da Autoridad Porturaia de Vigo e temos previsto a realización dun video divulgativo da problematica do lixo mariño e das tarefas de recollida. Nesta nova limpeza de fondos mariños na zona da Manquiña, en Teis, recollimos algo máis de 1000 kg de lixo: artes de pesca, neumáticos (perto de 20), plásticos, botellas de vidro, un colchón, materiais de construción... #MarLimpo #SomosConfraria
XORNADA DE RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS EN AREIÑO (A GUÍA)
23 Outubro 2021
O venres 22/10/2021 realizamos a primeira xornada de recollida de lixo no areal de Areiño (A Guía) como parte das actividades do proxecto "Recollida de residuos marños na Confraría de Vigo 2021-22" do Plan Mar Limpo Mar Vivo, da Consellería do Mar. Este proxecto da continuidade o iniciado a pasado ano 2020 e vaise desenvolver en 6 xornadas de recollida de residuos no intermareal por parte dos mariscadores a pé e 2 xornadas de pesca de lixo activa por parte dos mergulladores. Os bancos marisqueiros incluídos nos plans de xestión da Confraría de Pescadores de Vigo se desenvolven na marxe sur da Ría de Vigo, coincidindo co asentamento da maior poboación de Galicia. A actividade industrial e portuaria próxima aos bancos marisqueiros fai que sexan zonas susceptibles de acumular diferentes tipos de residuos de orixe antrópico, xenerados en terra pero que adoitan acabar no mar. Por outra banda o desenvolvemento da actividade pesqueira, os cultivos mariños en viveiros flotantes e as embarcacións de lecer poden contribuír a existencia de lixos e residuos no mar, nas praias e no intermareal rochoso. A nosa experiencia pon de manifesto a grande efectividade das accións desenvolvidas, pero o mesmo tempo exixe dar continuidade accions de sensibilización e as xornadas dedicadas a pesca activa por parte dos profesionais do sector para eliminar ou reducir ao máximo posible a presenza de lixo acumulado durante décadas. O proxecto actual ten como obxectivo a recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o manexo, caracterización e tratamento do lixo recollido e a sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así coma do resto de axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral. Por iso ademais das xornadas de limpeza realizamos a categorización e tratamento dos residuos coa colaboración da Autoridad Porturaia de Vigo e temos previsto a realización dun video divulgativo da problematica do lixo mariño e das tarefas de recollida. O banco marisqueiro de Areiño está situado na coñecida como praia de A Punta, a carón do monte de A Guía na parte media da Ría de Vigo. Este areal é un dos principais bancos de ameixa babosa e ameixa fina do intermareal da zona de Vigo e nel traballan 5 mariscadores a pé da Confraría de Vigo durante 10 meses ao ano. Neste banco marisqueiro de máis de 50.000 m2 realizanse anualmente outras actuacións de semicultivo como remoción do sustrato e sementeiras de xuvenís de ameixa babosa procedentes de criadeiro, que axudan a rexeneración do areal. Na xornada de recollida de lixo realizada o pasado venres puidemos constatar a gran cantidade de residuos que o mar devolve continuamente a zona litoral misturado coa area e as algas de arribazón. Estímase que máis do 80% destes residuos que chegan a praia teñen orixe terrestre e o 90% deles son plásticos. Atopamos gran cantidade de restos de envases e envoltorios plásticos, restos de caixas, cabos e bolsas, palillos das bateas, latas, calzado vello e un novo residuo xerado durante este último ano como son as mascarillas. En total, durante as 4 horas de traballo retiramos 366 kg de residuos repartidos en máis de 2.000 items. Todos os residuos que permanecen no mar vanse fragmentando e disgregando no medio mariño puidendo chegar a entrar cadea trófica mediante a inxesta por parte dos organismos marños. Isto vai supoñer un problema para o ecosistema mariño e por ende para a saúde das personas.
AXUDAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Á CONFRARÍA
2 Septembro 2021
A Confraría de Pescadores de Vigo, recibiu este ano de novo as Axudas que a Deputación de Pontevedra ofrece anualmente ás Confrarías da provincia. Neste ano 2021, as axudas están sendo utilizadas para a mellora da nosa Mariña Deportiva (arranxo de desperfectos por temporais, cambio de pavimento, e mantemento dos pilotes), así como á mellora da ergonomía nos postos de traballo na nosa oficina de atención aos socios e socias.
LICITACIÓN NOVA LONXA DE CANIDO
16 Xuño 2021
A Xunta licita a construción da nova Lonxa de Canido dous anos despois do derrube. O novo edificio dará resposta as necesidades operativas dos pescadores da Confraría de Vigo con porto base en Canido. A lonxa acollerá unha zona de ventas, cámara frigorífica, oficina, vestiarios masculinos e feminino, e unha zona de carga e descarga de mercadorias. (Faro de Vigo, 16/07/2021). Podese consultar o proxecto básico e de execución, xunto o Anuncio de licitación na web de Portos de Galicia: ANUNCIO DE LICITACIÓN DAS OBRAS DA “NOVA LONXA NO PORTO DE CANIDO" - (EXPEDIENTE PRG-2021-0033)
A Confraría quere coñecer o seu Valor Social
27 Maio 2021
O Faro de Vigo faise eco do noso proxecto de Contabilidade Social, financiado pola Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo.
PROXECTO DE CONTABILIDADE SOCIAL
12 Marzo 2021
A Confraría de Pescadores de Vigo e FUNDAMAR, no seu compromiso coa economía social, inician o diálogo cos seus grupos de interese no marco do proxecto ESO/PES CONTA de contabilidade social para entidades do sector pesqueiro. A Confraría de Pescadores de Vigo e Fundación para la pesca y marisqueo –FUNDAMAR- continúan coa posta en marcha dun PLAN ESTRATÉXICO PARA O DESENVOLVEMENTO DUN MODELO DE CONTABILIDADE SOCIAL PARA AS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DO SECTOR PESQUEIRO, co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social. Nesta parte do proxecto se está a desenvolver un proceso de diálogo cos grupos de interese, “Stakeholders”, entidades e persoas coas que se relacionan, coa finalidade de identificar cales son aquelas situacións nas que ambas entidades aportan algún tipo de valor ás diferentes persoas coas que interactúan. O que se procura é coñecer o valor social que xeran ambas entidades á sociedade e cuantificar economicamente dito valor. A través da metodoloxía GEAccounting, aos datos recompilados dos diferentes grupos de interese se lles asignará un indicador asociado a un valor económico, destacando as aportacións de ambas entidades á sociedade, poñendo no centro ás persoas e os principios da Economía Social.