Listado de avisos
Avisos
COLABORACIÓN EXPERIMENTO UNIV. DE VIGO
29 Marzo 2023
A Universidade de Vigo esta realizando unha experiencia para analizar o comportamento das especies no litoral rochoso, co fin de obter información sobre o seu recrutamento e a diversidade no hábitat. As zonas estudadas se atopan debaixo do Talaso (ao sur dos Cunchales) e por terra das Xangadas (zona das casetas). Nestas áreas quedaron colocados varios artefactos (sensores e discos de fixación) como os que se ven nas fotos. Precisamos da vosa colaboración evitando traballar polas zonas concretas onde se sitúan os sensores e discos, para non alterar o seguimento. GRAZAS!
AVISO CAPTURAS CORVINATA REAL
3 Marzo 2020
Colabora na detección de novas especies capturadas nas nosas augas
Novas especies costa de Galicia
18 Outubro 2019
Colabora na detección de novas especies capturadas nas nosas augas
Para continuar e potenciar o traballo que está a facer este grupo de investigadores é necesaria a colaboración de todos os usuarios do mar: pescadores profesionais e deportivos, traballadores das lonxas, persoal das confrarías, compradores de peixe, etc.
A Comisión de Festas non pide limosnas!!!
13 Agosto 2019
AVISO IMPORTANTE: A Comisión quere facer saber a tod@s, que este ano, NON PEDIMOS LIMOSNA en ningún sitio. Parece ser que algunha persoa anda a pedir limosna en nome da Comisión de Festas do Carme de Baiona. A COMISIÓN NON PIDE LIMOSNA ESTE ANO!!!