Listado de noticias
Noticias
Novas
MODIFICACIÓNS PARA VINDEIRAS RENOVACIÓNS DE HABILITACIÓNS
19 Agosto 2020
Nova normativa que modifica a xustificación da actividade extractiva para a renovación
Nos derradeiros meses a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pubicou resolucións que alteran os períodos para xustificar a actividade extractiva suficiente nos plans de xestión de 2020. Ditos cambios veñen motivados pola excepcionalidade xerada pola pandemia do COVID-19 ao longo deste ano 2020. Deste xeito, o período comprendido entre o 16 de marzo e o 31 de decembro desta anualidade excluirase do período de cálculo para demostrar a actividade extractiva suficiente nos plans de xestión.
XORNADA DE DIVULGACIÓN DO PROXECTO PE209C 2019F 023
3 Xuño 2020
DIVULGACIÓN DO PROXECTO COLECTIVO, FINANCIADO POLO FEMP, PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA A TRAVÉS DA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS. ESTA DIVULGACIÓN WEB SUBSTITÚE Á XORNADA INFORMATIVA PROGRAMADA, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA E AS OBRIGADAS RESTRICIÓNS SOCIAIS.
ISSGA_RECOMENDACIÓNS CORONAVIRUS
14 Maio 2020
Medidas preventivas na actividade de persoas que traballades no mar
Nos visita Rosa Quintana
2 Agosto 2019
Existen moitos xeitos de experimentar, vivir e transmitir o mar e iso é o que busca demostrar a iniciativa de turismo mariñeiro inclusivo Sensea, enmarcada no proxecto Ecodestin_3IN financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e no que a Consellería do Mar participa como beneficiario. A través de iniciativas como Sensea buscamos por en valor os destinos náuticos de Galicia como destinos accesibles e integradores para persoas con discapacidade visual e mobilidade reducida e posicionar a Galicia como destino econáutico europeo. Así o expliquei hoxe en Baiona durante o evento promocional desta iniciativa.
Festas da Virxe do Carmen
4 Xullo 2019
A Comisión de Festas, nun esforzo de última hora, ampliamos os días de festexo, na honra a Virxe do Carme de Baiona. Esperamos que o pasedes ben e disfrutedes da festa e demáis actos. Un apunte, dado que o cartel non está moi claro: A Orquesta ACHE, actúa o domingo , e a Orquesta SAUDADE o luns.