Proxectos

XORNADA DIFUSIÓN

A Confraría de Pescadores de Baiona foi unha das entidades participantes no proxecto PERIZIA, colaborando nunha iniciativa centrada no desenvolvemento de solucións innovadoras para mellorar o coñecemento e a xestión do ourizo de mar en Galicia.
A súa participación no proxecto permitiu reforzar a conexión entre o traballo técnico desenvolvido e a realidade do sector pesqueiro, incorporando a perspectiva das confrarías no proceso de análise e transferencia das ferramentas creadas no marco de PERIZIA.
Ademais da súa implicación no proxecto, a Confraría de Baiona estivo presente nas accións formativas e de transferencia orientadas a dar a coñecer a aplicabilidade das tecnoloxías desenvolvidas. A súa asistencia a estes espazos puxo de manifesto o interese do sector por avanzar cara a modelos de seguimento máis precisos, apoiados en ferramentas como vehículos submarinos operados remotamente e sistemas de análise de imaxe baseados en intelixencia artificial.
A colaboración da Confraría de Baiona en PERIZIA exemplifica a importancia da participación do sector na validación e proxección futura deste tipo de solucións, chamadas a contribuír a unha xestión máis eficiente, informada e sostible dos recursos mariños.
 

A Consellería do Mar concede unha subvención de 167.244,00€ ó proxecto presentado por esta confraría (Orde do 9 de abril de 2025), para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal e garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable. O proxecto está financia do polo FEMPA (70%) e pola C.A. (30%).

AXUDAS DEPUTACIÓN 2025

A confraría de Pescadores de Baiona presentou, con data 21 de marzo de 2025, solicitude de axudas ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos e gastos correntes durante o exercicio de 2025.

A Xunta de Goberto desta Deputación Provinvial acordou o reparto destas axudas en sesión ordinaria do día 13 de xuño de 2025. Esta confraría recibirá 20.000€ (57,92% do orzamento a executar) para adquirir unha furgoneta e material informático, e 7.975€ para gastos de persoal (20,17% do solicitado) na anualidade 2025.

A Consellería do Mar concedeulle a esta confraría unha axuda, financiada polo FEMPA, para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, cun prazo de execución dende o 01 de xullo de 2024 ao 30 de xuño de 2025, e un importe de 140.663,26€ (financiado nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola C.A.)

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu axudas para por un valor total de 27.683,64€ (20.000€ para adquirir unha furgoneta, e 7.683,64€ para gastos de persoal) ao abeiro das subvencións publicadas no BOPPO Nº 91, do 9 de maio de 2024, destinadas a investimentos e gastos correntes durante este exercicio. 

A Consellería do Mar concedeulle a esta confraría unha axuda, financiada polo FEMPA, para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, cun prazo de execución dende o 01 de xullo de 2023 ao 30 de xuño de 2024, e un importe de 140.228,8€ (financiado nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola C.A.)

O XOVES 29, ÁS 13:00H, NO AULA DE FORMACIÓN DESTA CONFRARÍA, CELEBRARASE UNHA XORNADA DE DIFISIÓN DE RESULTADOS DO PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DO ÁMBITO TERRITORIAL DESTA ENTIDADE DURANTE O PERÍODO 2021-2023.

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu unha axuda de 30.000€ a esta confraría, a través dun proxecto presentado ao abeiro das bases publicadas no BOPPO Nº 29, do venres 10 de febreiro de 2023. Dito proxecto contempla unha serie de investimentos para mellorar os servizos prestados ás persoas asociadas, dotando de vehiculos ao servizo de vixilancia e realizando remodelacións nas instalacións de lonxa e oficinas.

A Deputación de Pontevedra publicou no BOPPO número 69 do 08/04/2022 as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, Federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia.

A Confraría de Baiona recibirá unha axuda por valor de 13.377,72€ mediante un proxecto presentado pola entidade ao abeiro de dita liña de axudas da deputación, para a mellora dos servizos prestados ás socias e socios da entidade, a través da aquisición de novos equipos para o servizo de vixilancia e outro equipamento destinado ás instalacións da lonxa e oficinas. 

A Consellería de Mar resolveu, con data do 05 de novembro de 2021, concederlle a esta entidade unha axuda de 278.237,37€, financiada polo FEMP nun 75%, aprobando deste xeito o proxecto colectivo presentado pola confraría de Baiona. Dito proxecto propón medidas para protexer e recuperar a biodiversidade mariña a través de melloras na xestión e conservación dos recursos mariños e os ecosistemas, e ten un prazo de execución de 24 meses (do 01 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2023).