A CONSELLERÍA DO MAR CONCEDE Á CONFRARÍA DE CANGAS UNHA AXUDA PARA A DOTACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE VARADA E SISTEMAS DE ACCESO (VARASEG)

Enviado por 78737876k o Lun, 21/09/2026 - 11:02
CARTEL PUBLICITARIO

Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Dotación de equipamentos auxiliares de varada e sistemas de acceso (Varaseg.)” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas  (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e tramitadas como expediente anticipado de gasto, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 43.149’93 € (10.829’50 € a plataforma elevadora e 32.320’43 € os 3 xogos de elementos auxiliares de varada), a desembolsar nun único pagamento para a anualidade 2026, cuxa instalación e xustificación do investimento, se deben achar executados antes do 31/10/2026. Os investimentos consisten na adquisición dunha plataforma elevadora tipo tesoira para acceso ás embarcacións, e 3 xogos de elementos auxiliares de varada para buques de ata 40 Tm, compostos cada un deles por cadanseu berce de proa e popa de  20 Tm e 2 puntais de 10 Tm, para soporte das embarcacións en terra. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2026-00018. O obxecto destas axudas é o de mellorar de forma estrutural, colectiva e permanente, a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras e usuarias do varadoiro, que desenvolven operacións de mantemento e varada das súas embarcacións no porto pesqueiro.