A CONSELLERÍA DO MAR CONCEDE Á COFRADÍA DE CANGAS UNHA AXUDA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO PERCEVAL

Enviado por 78737876k o Lun, 09/11/2026 - 17:58
CARTEL PUBLICITARIO

Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “PERCEVAL-Valorización tecnolóxica de fracción morfolóxica de percebe con menor valorización comercial, mediante desenvolvemento preindustrial  de produto alimentario mariño innovador” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas  (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026, tramitada como anticipada de gasto., outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 13.391’00 € a desembolsar nun único pagamento para a anualidade 2026, cuxa elaboración e xustificación do investimento, se deben achar executados antes do 20/11/2026, despois da obtención da oportuna prórroga. O obxectivo do proxecto consiste no desenvolvemento tecnolóxico e a validación preindustrial dun produto alimentario transformado a partir de percebe procedente de fraccións morfolóxicas con menor valorización comercial en fresco. Preténdese que, a partir de percebe alongado con baixa ou nula aceptación no mercado de fresco, se elabore un paté de percebe, para a súa comercialización futura. Unha vez obtida a fórmula final, realizaranse os estudos, probas e investigacións necesarias para determinar as posibilidades e idoneidade do seu envasado e distribución.