REIXAS DE ACEIRO INOX PARA A LONXA DE CANGAS

REIXAS DE ACEIRO INOX PARA A LONXA DE CANGAS

 

Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 9 de xullo de 2021, pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Reixas de aceiro inox. para a lonxa de Cangas, 2021” (Nº expediente PE209N-2020/53), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto, para a adquisición e instalación de 56 reixas de aceiro inoxidable nos sumidoiros da lonxa de Cangas, co obxecto de mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos/as usuarios/as das instalacións, a través dos fondos europeos (FEMP), por un importe de 6.792’00 €. A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos que o 75% corresponden aos fondos FEMP, 5.094’00 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 1.698’00 €.