XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS ECOSISTEMAS E DOS RECURSOS MARIÑOS DA CONFRARÍA DE CANGAS 2021-2023

XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS ECOSISTEMAS E DOS RECURSOS MARIÑOS DA CONFRARÍA DE CANGAS 2021-2023

 

De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 5 de novembro de 2021, pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Xestión e conservación dos ecosistemas e dos recursos mariños da Confraría de Pescadores San Xosé, de Cangas, 2021-2023” (Nº expediente PE209C-2021F-049), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que contribúan a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental, por un importe de 157.888,80 €, co seguinte reparto anual: 42.117,66 € correspondente á anualidade 2021, 77.180,76 á anualidade 2022 e 38.590,38 € á anualidade 2023. A subvención outorgada acada as contías máximas subvencionables. Dentro destas, as porcentaxes teñen a seguinte distribución, o 75% corresponden aos fondos FEMP, 118.416,6 € e un 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, 39.472,20 €.