Noticias
Nas catro primeiras xornadas de recollida de lixo mariño, as mariscadoras e mariscadores da nosa confraría traballaron sen apenas descanso nas enseadas de Santa Lucía e A Barca, e as praias de Mugardos e a Bestarruza. En total foron retiradas máis de 11 toneladas de residuos dos ecosistemas da Ría de Ferrol, dándolle un pequeno respiro a este importante enclave que durante tanto tempo sufriu os efectos dunha forte industrialización e da contaminación. Moitas grazas a tod@s!
O pasado día 20 de xuño, as socias e socios da nosa confraría recibiron unha pequeña charla explicativa sobre as atividades a realizar no marco do proxecto “Xornadas de Protección da Biodiversidade e dos Ecosistemas Mariños no Ámbito Territorial da Confraría de Mugardos Mediante a Recollida de Lixo Mariño", subvencionado conxuntamente polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e pola Xunta de Galicia.
Nun total de 9 xornadas repartidas entre os meses de xuño e setembro, e entre as enseadas de A Barca, O Baño e Santa Lucía, as mariscadoras e mariscadores da confraría adicaranse á recollida do lixo mariño depositado no medio, beneficiando á saúde dos ecosistemas mariños, cuxa saúde é tan importante para a actividade do sector.
Neste momento ten lugar, en distintos puntos de Galicia e Asturias, unha protesta do sector pesqueiro pola modificación do Regulamento de Control, aprobado polo Parlamento Europeo o pasado mes de febreiro, na cal non se modificou a definición de pesca artesanal, petición realizada desde o propio sector. Isto implica que os buques maiores de 4 m de eslora deben notificar desde o barco as súas capturas, obrigándoos a facelo a través do Diario de Pesca Electrónico ( DEA), así como a instalación de cámaras a bordo das embarcacións. As embarcacións pertencentes á Confraría de Mugardos apoian a protesta do sector.