Proyectos

Equipamento adquirido colocado no vehículo marisqueiro da entidade.
Neste mes de outubro foi rematada a execución do proxecto “Mellora da Comercialización da Ostra Rizada e das Tarefas de Mantemento dos Bancos da Confraría de Mugardos” mediante o cal foi adquirido un remolque para o vehículo marisqueiro multifuncional da entidade.
O emprego deste novo equipamento facilitará as tarefas de extracción de ostra rizada ao poder efectuar o transporte dos lotes da especie de xeito mecanizado en lugar de facelo a man. Ademáis, o remolque usarase na realización doutras tarefas de mantemento dos bancos que esixan o transporte de cargas pesadas.
O proxecto foi financiado nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) en nun 30% pola Consellería do Mar (Xunta de Galicia).
Arado do sustrato co vehículo marisqueiro da entidade , Mariscadores esparcindo a semente , Mariscadora esparcindo a semente
Os pasados días 10 e 11 de outubro, a confraría de Mugardos levou a cabo o proxecto "Mellora do stock da ameixa xapónica a través da rexeneración de zonas de baixa produtividade. Ano 2025", enmarcado dentro da orde de axudas "Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perdas de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sostible dos recursos mariños" (procedemento PE209H).
O proxecto consistiu no arado dun área fangosa de 8605 metros cadrados localizada nas inmediacións do porto de O Seixo (pertencente á enseada de A Barca). Esta primeira fase foi realizada empregando o vehículo marisqueiro da confraría, e serviu para mellorar a osixenación do terreo e facilitar o enterramento dun total de 825.000 individuos de ameixa xapónica cun tamaño medio de 15-18 mm, que foron liberados na zona ao día seguinte.
A pesar de que os proxectos de rexeneración sempre se intentan enfocar no mantemento da saúde dos stocks de especies autóctonas, coma as ameixas fina e babosa, a ameixa xapónica é a principal candidata para a rexeneración de zonas coma as deste proxecto. Isto é debido a súa maior resistencia e adaptabilidade a zonas tan fangosas, nas que a maioría das outras especies comerciais non adoitan desenvolverse ben.
Este proxecto contribuirá á mellora do stock da especie, que constitúe un importante apoio ás mariscadoras e mariscadores de a pé da entidade. En épocas nas que as poboacións doutras especies precisan ser xestionadas dun xeito máis delicado, a ameixa xapónica, coa súa maior resistencia e adaptabilidade, constitúe un importante sustento para garantir a actividade marisqueira e o percibimento dos ingresos polos nosos asociados, ademáis de contribuír a reducir presión pesqueira sobre o resto de especies.
Ademáis, o proxecto contribúe ao aproveitamento de toda a superficie produtiva xestionada pola entidade, xa que transformará unha área fangosa de moi baixa produtividade nunha zona de maior interese pesqueiro para os nosos asociados.

O custo total do proxecto foi de 14.850 €, financiados ao 100% pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Xuvenís da especie comezando a soterrarse

O pasado 27 de maio levouse a cabo a execución do proxecto “Rexeneración da enseada de O Baño mediante o reforzo de zonas de especial interese para a cría de ameixa babosa”  mediante o cal foron sementados un total de 580.000 xuvenís de ameixa babosa nun área de 9700 m2 ubicada na Praia de A Bestarruza. Previamente foi realizada unha remoción do terreo para mellorar a osixenación do substrato e facilitar o enterramento dos individuos. 

Con este proxecto preténdese levar a cabo unha mellora da poboación da especie mediante o reforzo da zona de especia interese que é a Praia de A Bestarruza, a cal conta cunhas características de substrato e renovación de auga idóneas para o establecemento e crecemento da especie. 

Este proxecto, ubicado ao abeiro da liña de subvencións “Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade           e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables” (procedemento PE209B) tivo un orzamento de 10790 €, que foron financiados de forma conxunta polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) nun 70% e por fondos da Comunidade Autónoma de Galicia nun 30%.  

 

No período comprendido entre os días 3 e 7 de febreiro do 2025, foi executado o proxecto “Instalación dun equipo de enerxía fotovoltaica na Confraría de Mugardos” (concedido o pasado 27 de xuño do 2024).
Neste proxecto foi instalado un equipamento de 17 paneis solares no teito da confraría, mediante o cal a entidade poderá obter parte da súa propia enerxía. Isto contribuirá a reducir considerablemente gasto en consumo enerxético da mesma, así coma a unha menor emisión de gases de efecto invernadoiro mediante a obtención de enerxía a partir dunha fonte renovable.
Este proxecto tivo un custo total de 16.894,02 € (IVE incluído) dos cales 12.455,10 foron financiados conxuntamente polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), e pola Comunidade Autónoma de Galicia, nun 70 e 30 %, respectivamente.

A Deputación Provincial de A Coruña concedeu á Confraría de Pescadores de Mugardos unha subvención correspondente ao programa F0027A: “Convocatoria do Programa de Subvencións de fomento Pesqueiro Dirixido Ás Confrarías de Pescadores e Agrupacións de Mariscadoras da Provincia da Coruña para Actividades Durante o Ano 2024”.

Esta concesión, con  Cod. Exp: 2024000018843, consta dun importe de 25.000 € que serán empregados para o mantemento dos postos de traballo das dúas administrativas coas que conta a entidade, que se encargarán de levar a cabo o principal obxectivo da subvención; levar a cabo unha mellora constante na comercialización de especies coas que actualmente traballa a confraría, así coma a búsqueda e apertura de novos mercados e axudas que poidan repercutir positivamente na produción.

La Diputación Provincial de A Coruña ha concedido a la Cofradía de Mugardos una subvención correspondiente al programa F0027A: Convocatoria del programa de subvenciones de fomento pesquero dirigido a las cofradías de pescadores y agrupaciones de mariscadoras y mariscadores de la provincia de A Coruña para actividades durante el año 2023.

Cód. Exp.: 2023000018160.

Importe: 19.000 €

Objetivo de la subvención: Mejora de la comercialización y producción y apertura a nuevos mercados.

El objetivo de esta ayuda es el mantenimiento de los puestos de trabajo de dos Administrativas para apertura de nuevos mercados y mejora de la comercialización de las especies ya comercializadas, así como encontrar salida para nuevas especies, con la utilización de las nuevas tecnologías y también la búsqueda de posibles ayudas que puedan repercutir en la mejora de la producción.

O día 28 de decembro foi aprobado o “Proxecto para a conservación e restauración dos recursos mariños vivos e os seus ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2023-2024" (PE209P). A finalidade do mesmo é a de contribuir á recuperación e mantemento da saúde dos ecosistemas nos que se desenvolven os plans de explotación da entidade.

Esta concesión permitirá contratar a dous gardapescas para que leven a cabo un control das zonas xestionadas pola confraría e velen porque o marisco sexa extraído por persoal autorizado para facelo, ademáis de que se cumpran as medidas mínimas e topes de extracción establecidos para cada especie.

Por outra parte, tamén será posible seguir contando cunha asistencia técnica, a cal se encargará, entre outras tarefas, de realizar mostraxes nos bancos explotados para garantir unha extracción sostible e evaluar a saúde dos ecosistemas, ademáis de levar a cabo a elaboración e execución de proxectos, coma por exemplo tarefas de rexeneración no caso de ser necesario.

Para levar a cabo este proxecto, foi concedido un importe de 65.314,88 €, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) en un 30% pola Comunidade Autónoma.

A Deputación Provincial da Coruña concedeu á Confraría de Mugardos unha subvención correspondente ao programa F0027A: Convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2022.

Cód. Exp.: 2022000013407.

Importe: 18.000 €

Obxectivo da subvención: Mellora da comercialización e producción e apertura a novos mercados.

O obxectivo desta axuda é o mantemento dos postos de traballo de duas Administrativas para apertura de novos mercados e mellora da comercialización das especies xa comercializadas, así como atopar saída para novas especies, coa utilización das novas tecnoloxías e tamén a búsqueda de posibles axudas que poidan repercutir na mellora da produción.

A Consellería do Mar concedeu unha axuda á Confraría de Mugardos, ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.

DENOMINACIÓN DO PROXECTO: “Mellora actividade pesqueira e marisqueira Confraría de Mugardos".

CÓDIGO: GALP2-229

IMPORTE SUBVENCIONABLE: 5.015,26 € (85% FEMP: 4.262,97 € - 15% Nacional: 752,29 €)

Para mellorar a actividade pesqueira e marisqueira na Confraría de pescadores de Mugardos é necesario dispoñer de instalacións modernas e ben equipadas.

ACTIVIDADE 1.- ADQUISICIÓN DE DÚAS TRANSPALETAS ELÉCTRICAS: Compra de dúas transpaletas eléctricas para facilitar as condicións de traballo dos profesionais do mar, concretamentamente a manipulación das cargas, tanto nas descargas dos barcos á Confraría como no proceso de comercialización dos produtos.

ACTIVIDADE 2.- ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO AUDIVISUAL E INFORMÁTICO: Compra dun proxector e unha pantalla así como dunha impresora en cor e unha destructora de documentos. Coa adquisición deste equipamento o que se pretende é ter un espazo axeitado para o acceso á formación dos/as actuais profesionais do mar como dos/as futuros. Con este equipamento facilitarase a impartición de formación especializada, o que mellorará a competitividade do sector e incidirá na continuidade da actividade pesqueira e marisqueira no territorio. Coa adquisición dunha destructora de documentos poderase ademais garantir en todo momento a confidencialidade de todolos datos persoais que se manexan nas oficinas da confraría, tanto dos socios e socias da mesma como dos clientes, traballadores e calquera outra persoa coa que se poida ter relación.