SEGUNDA FEIRA #ESDOMAR

Vén connosco á Feira #ESDOMAR

A Confraria de Pescadores de Vigo  en colaboración con Fundamar e Espazocoop, e co financiamento da Rede Eusumo e a Deputación de Pontevedra, vén de lanzar a segunda convocatoria da Feira #ESDOMAR.

Esta feira que xa foi realizada o pasado ano con grande éxito, chega á súa segunda edición que terá lugar o 4 de outubro no entorno da Lonxa de Canido. Achégate a disfrutar dun día cheo de economía social do mar da man dos seus protagonistas. Obradoiros, stands, música e comida farán desta xornada un espazo de encontro de iniciativas e propostas do noso tecido social.