RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS
O venres 22/04/2022 realizamos a última xornada de recollida de lixo dos fondos mariños da ría de Vigo, no marco do proxecto "Recollida de residuos marños na Confraría de Vigo 2021-22", que se encadra no Plan Mar Limpo Mar Vivo, da Consellería do Mar. Con esta xornada completamos o programa previsto, sumando un total de 8 xornadas de recollida de lixo.
A nosa experiencia pon de manifesto a grande efectividade das accións desenvolvidas, pero o mesmo tempo exixe dar continuidade accions de sensibilización e as xornadas dedicadas a pesca activa por parte dos profesionais do sector para eliminar ou reducir ao máximo posible a presenza de lixo acumulado durante décadas.
O proxecto actual ten como obxectivo a recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o manexo, caracterización e tratamento do lixo recollido e a sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así coma do resto de axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral. Por iso ademais das xornadas de limpeza realizamos a categorización e tratamento dos residuos coa colaboración da Autoridad Porturaia de Vigo.
En total foron retiradas 4 toneladas de residuos mariños, principlamente plásticos, metais, gomas, entullos e vidros, o que vai repercutir na mellora do ecossitema e biodiversidade de 4 bancos marisqueiros da ría de Vigo (Ríos, Areiño, Manquiña e Bouzas), onde traballan os socios da Confraría de Pescadores de Vigo para a extracción de navallas e ameixas.