RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑO 2021-2022

RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑO 2021-2022

 

O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.

O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.

Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:

1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos. 
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.

PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2021-014)

  • Data de inicio: 01/09/2021
  • Data de finalización: 30/06/2022
  • Importe da subvención: 6.000 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP