XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2023-2024

Enviado por cofradiavigo o Mar, 19/03/2024 - 15:19

O proxecto de Xestión dos recursos da pesca costeira artesanal no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo está orientado a dotar a entidade de persoal técnico cualificado para o asesoramento de plans de xestión e concienciación do sector mediante a recollida e análise de datos e a vixilancia dos recursos.

A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no o Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que vai contribuír o fomento dunha pesca sustentable e á conservación e recuperación dos recursos mariños.

O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, unido a protección dos ecosistemas e hábitats costeiros.

Mediante a realización deste proxecto esperamos acadar resultados e indicadores sobre o estado dos recursos e dos hábitats explotados, que contribuirán a mellorar a xestión e planificación da produción, reforzando as actividades pesqueiras para que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.

Este proxecto permitirá reducir os impactos negativos, contribuíndo aos impactos positivos sobre o ambiente, e contribuír ao bo estado ambiental, coa súa finalidade última de mellorar a sustentabilidade na explotación dos recursos pesqueiros da frota pesqueira artesanal garantindo a actividade a longo prazo con medidas de xestión pesqueira baseadas en sistemas de recollida de información sobre o estado dos recursos que melloren o seu coñecemento.

PROXECTO DE XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL (PE209P_2023_027)

  • Data de inicio: 01/07/2023
  • Data de finalización: 30/06/2024
  • Importe total concedido para o proxecto: 43.137,60 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027 - Proxecto financiado polo FEMPA (70%) e Xunta de Galicia (30%)

Máis información