Proyectos

A Consellería do Mar adxudica unha subvención á Confraría de Mugardos, por importe de 80.000,01 €, para a repoboación de ameixa babosa na enseada de A Barca durante o ano 2020

O proxecto consistiu na repoboación, con 4.120.000 individuos de semente da especie autóctona ameixa babosa na Enseada da Barca, dunha superficie de 40.000 metros cadrados nos niveis intermareais medio e baixo desta zona  en outono do ano 2020.

 

Se repoblou a zona con 4.120.000 individuos de semente de ameixa babosa de talla comprendida entre 15-18 mm, procedente de criadeiro, nunha superficie de 40.000 metros cadrados. A acción realizouse en cinco xornadas sementando 1.030.000 individuos do total da partida en cada unha de elas a unha densidade de 103 individuos por metro cadrado no mes de outono do 2020. O grado de execución de dita acción foi do 100%.

 

 

Cada unha destas sementeiras se procedeu do seguinte xeito: 1. Remoción mecanizada da superficie a sementar para facilitar o enterramento co vehículo propio da confraría de pescadores de Mugardos. 2. Colocación de nasas por parte dunha embarcación antes e despois de realizar a sementeira para o control de depredarores, principalmente Carcinus maenas. 3. Distribución a man da semente que realizarán as/os mariscadoras/es.  A realización de dita acción acadou o 100% do obxectivo aumentando o stock e tendo a priori unha boa fixación dos organismos.

 

Os obxetivos xerais  son dous os que se pretenden acadar: 1. Restauración do equilibrio das especies autóctonas de moluscos infaunais na Enseada da Barca e que este equiibrio redunde na totalidade da Ría de Ferrol. 2. Contribuír a conservación e restauración de hábitats naturais e salvaxes. Ambos foron realizados coas accións encomendadas e descritas a continuación:

Repoboación Na Enseada da Barca de 4.120.000 individuos de ameixa babosa, proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75%
Mariscadores a pé
Mariscadores e mariscadoras a pé da Confraría de Mugardos trasladando a semente a zoa a rexenerar
Mariscadores sementando
Mariscadores sementando a man a ameixa babosa

 

A Confraría de Mugardos resultou adxudicataria dunha subvención da Consellería do Mar, por importe de 47.420,59 €, para repoboación de especie autóctona e restauración habitat enseada de O Baño no ano 2020

Os obxetivos deste proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75%  son: a restauración do equilibrio das especies autóctonas de moluscos infaunais na Enseada do Baño e que este equilibrio redunde na totalidade da Ría de Ferrol; e contribuír a conservación e restauración de hábitats naturais e salvaxes.  Os resultados acadados foron favorables e positivos. O proceso consistiu na mellora de substarto coa adicción de sedimento, remoción e sementeira de ameixa babosa.

 

O proxecto esta formado por dúas accións a realizar na Enseada do Baño, sendo a primeira delas unha adición de substrato nunha superficie de 12.000 metros cadrados no nivel intermareal baixo desta zona para incrementar a estrutura do sedimento e a segunda unha repoboación con 947.369 individuos de semente da especie autóctona ameixa babosa na zona rexenerada.

 

A parte correspondente a adición e mellora de substrato é realizada por diversas tarefas que corresponden a: unha remoción mecanizada previa o vertido do árido na superficie a rexenerar; a compra, acopio, translado e vertido do árido na zona obxetivo do proxecto e unha nova remoción para a homoxenización do novo substrato unha vez realizado o vertido.

 

As tarefas de remoción mecanizadas anteriores e posteriores a adición do novo substrato foron de dúas xornadas de traballo cada unha delas e o traballo de compra, acopio e vertido do árido de catro xornadas nas preamares das mareas mortas. O acopio se realizou no peirao de Ferrol e o transporte ata a ensenada do Baño e vertido do árido levouse a cabo por mar. O grado de execución de dita acción foi do 100%, conseguindo mezclar ambos substratos e mellorar a superficie existente co aporte do árido.

 

A parte correspondente coa sementeira de ameixa babosa realizouse coa repoboación na zona con 947.369 individuos de semente  de talla comprendida entre 15-18 mm, procedente de criadeiro, nunha superficie de 12.000 metros cadrados. A acción foi executada  nunha xornada sementando a unha densidade de 78.94 individuos por metro cadrado no mes de outono de 2020.

 

Cada unha destas sementeiras se procedeu do seguinte xeito: 1. Remoción mecanizada da superficie a sementar para facilitar o enterramento co vehículo propio da confraría de pescadores de Mugardos. 2. Distribución a man da semente que realizarán as/os mariscadoras/es. 3. Cubrición con rede da zona ata o enterramento da semente. A realización de dita acción acadou o 100% do obxectivo aumentando o stock e tendo a priori unha boa fixación dos organismos.

 

Vehículo anfibio utilizado nos proxectos de Rexeneración na  Enseada do Baño fpara a remoción do substrato
Vehículo anfibio utilizado nos proxectos de Rexeneración na  Enseada do Baño financiados polo FEMP nun 75% para a remoción do substrato
Repoboación na Enseada do Baño de 947.369 individuos de ameixa babosa, proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75%
Organismos de ameixa babosa sementada a man polos mariscadores e marsicadoras de a pé da Confraría de Mugardos
Colocación da red na Enseada do Baño dentro da acción de proxectos de rexeneración financiada polo Femp
Colocación da red na Enseada do Baño dentro da acción de proxectos de rexeneración financiada polo Femp
Aporte de áridos desde embarcación por parte da empresa "Amarradores del puerto y la ría de Ferrol S.L."
Proceso dos traballos realizados da remoción mecanizada do substrato con arado propio da vehículo para recuperar a oxixenación e a redución da capa redox; o aporte de area para mellorar a granulometría mediante vertido por mar para favorecer a fixación larvaria das diversas especies que habitan a Ensenada do Baño; a sementeira manual da especie autóctona ameixa babosa para recuperar e apaliar o baixo recrutamento acadado nos últimos anos